Bath Día 21 – Último día

Moi boas noites familias (sí, hoxe toca en galego outra vez),

Cómo voou o tempo! Estamos flipando porque a nosa estadía aquí xa remata. Mañá emprendemos a viaxe de volta con folgos (por ver aos nosos seres queridos) mais tamén con pesadume (por deixar atrás todo isto).

A verdade é que hoxe foi un día de emocións fortes… Non queremos nin imaxinar cómo será mañá.

No instituto, tiveron un evento de despedida, no que lles pediron que votasen positivamente (papel verde) ou negativamente (papel vermello) algúns dos elementos que puideron coñecer nestas semanas: a comida británica (suspenso total e absoluto con 0 votos positivos), a música británica (aprobado con nota), o clima británico (suspenso pero igualado), etc, etc.

Despois diso, foron chamados un a un para dar un paso á fronte e recibiron uns diplomas que conmemoran o seu paso polo colexio. As compañeiras inglesas berraron ben forte cando saíron Zaira, Jimena e Alex. Do mesmo xeito, Sofía, Lara, Cloe, Ruth ou Erika recolleron o seu diploma entre gritos de ánimo e de agarimo.

Aquí vos deixo 4 fotos aleatorias de alumnos achegándose ao representante da escola para recibiren cadanseu título.

Tiveron uns intres para falar por última vez cos seus compañeiros ingleses e xa tocaba marchar de alí para non volver. Nas faces de Claudia e Alex víronse algunhas bágoas de emoción. 

Pero a meirande parte delas, estaban contentas de deixar atrás o colexio católico. Por iso, antes de saír, aproveitaron para facer as derradeiras fotografías na escola con moitas ganas de rir e poucas ganas de chorar.

Pola tarde, tiveron clases de inglés na academia e puideron darlle unha aperta ao benquerido Charles. Pero non lle dixeron adeus, senón ata logo, xa que el lles dixo que ao mellor se pasaba algún día por Vigo. Invitadísimo estás, querido Carlos!!!!!

Despois diso, pasaron a tarde á súa maneira: mercando agasallos de última hora, paseando cos seus amigos británicos por última vez, ceando todas xuntas ou preparando unha tortilla para a súa familia (Jimena e Ana temos que darvos os nosos parabéns porque conseguistes facer a mellor tortilla destas 3 semanas…. BRAVO!).

Traio unha morea de fotografías que fixeron pola tarde….. pero fíxadevos e observade ben…. mirade qué cariñas de emoción teñen!!!

Para Nerea, Maia e Iria 🎤 foi triste incluso o momento de agardar polo bus… O último que van coller nesta cidade… unha mágoa, pero tomárono con moita filosofía como podedes apreciar.

Algo semellante lles ocorreu a Cristina, a Irene (tamén coñecida como Airín ou Irina) e a Iria 👑.

Ata aquí o derradeiro post do blog, xa que mañá non imos escribir nada, porque xa volo poderán contar todo eles mesmos en persoa cando cheguen.

Que saibades que tanto para Laura como para min, foi un auténtico pracer coidar das vosas fillas e acompañalas nas actividades e nas viaxes. Recibimos moitos comentarios positivos por parte dos profesores británicos e ata o propio Charles dixo que era o mellor grupo que tivera nunca (e leva 10 anos traballando con estudantes estranxeiros!!!!!!!!).

E claro, por moito que nos gustaría aos monitores recibir este eloxio, non podemos. Os parabéns son para todos/as vós, nais/pais e demáis persoas que estades nas súas vidas. Se eles son así é pola pegada que vós lles deixastes.

En verdade, nós podemos confirmar que todas son persoas belísimas, moi interesantes, ás que seguro que lles agarda un futuro brillante. Son educados/as, agradecidos/as, intelixentes…. Aínda que nos vos imos mentir, sempre se pode mellorar hahaha que hai pequenas cousas que se poden cambiar.

Pero, ninguén é perfecto… ademais son adolescentes e é lóxico que cometan erros, non é? Evidentemente, nós, os monitores tampouco somos perfectos. Así que se tendes algo que aportar para que nós melloremos tamén, estamos abertos a escoitarvos.

Dito esto, e tendo en conta que eles/as e nós somos humanos, polo que existe a posibilidade de que haxa algunha queixa ou algo que dicir por calquera das partes… Temos que concluír dicindo que estamos profundamente contentos de ter traballado con este grupo, que formamos vínculos moi especiais con eles/as, e que as/os imos botar moito de menos. Vai ser difícil aguantar as lágrimas. Hoxe e mañá son días para chorar de emoción… E non nos imos esconder.

Nada máis que engadir.

Deica loguiño,

Iago.

Iago Rodríguez Diéguez

4 pensamientos en “Bath Día 21 – Último día

  1. Por la parte que me toca como madre de Paula Ruiz solo agradeceros que hayáis cuidado de nuestros hijos como si fueran vuestros. Si bien es cierto q estos años de diferencia complicaron un poco la integración en el colegio finalmente vienen con muy buen recuerdo. Gracias a vosotros es parte de este triunfo de viaje. Gracias por todo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *