Bo día familias! Escribimos por aquí novamente para contarvos o que pasou nestes últimos dous días.

Ambos comezaron con intensas horas de clase no instituto, o alumnado cada vez coñece mellor aos estudantes ingleses e xa case non se perden nestas enormes instalacións!
A tarde do mércores consistiu nunhas partidas ao hockey sobre a herba, nos patios do mesmo instituto. Divididos en equipos de 6 participantes, enfrontáronse uns contra outros ata obter un gañador final. Como só podían xogar dous grupos simultaneamente, as demais persoas mentres esperaban puideron xogar ao volei e ao fútbol.









O xoves a actividade realizouse no centro de Peterborough. Fixeron unha competición de fotografías e vídeos nos lugares de interés da cidade. Descubriron as conexións entre a catedral de aquí e España, falaron coa xente local para preguntarlles por costumes e aficións e mesmo entraron nalgunha tenda moi británica a buscar produtos novidosos. Ao rematar todas as misións, un xurado moi estrito outorgou os puntos pertinentes a cada equipo. Finalmente dous equipos empataran! Por sorte, había premios suficientes para que cada integrante deses dous grupos se fixese co seu propio colgantito inglés moi rechamante.

















(Ya estamos llegando a la recta final 🙁
¡Buenos días, familias! Les escribimos de nuevo para contarles lo que ha sucedido en los últimos dos días.
Ambas jornadas comenzaron con clases intensivas en el colegio; los alumnos están conociendo mejor a sus compañeros ingleses y ¡ya casi no se pierden por las enormes instalaciones!
La tarde del miércoles la dedicaron a jugar al hockey sobre hierba en las instalaciones del colegio. Divididos en equipos de seis, compitieron entre sí hasta determinar un ganador absoluto. Como solo podían jugar dos grupos a la vez, los demás jugaron al voleibol y al fútbol mientras esperaban.
El jueves, la actividad se desarrolló en el centro de Peterborough. Participaron en un concurso de fotografía y vídeo centrado en los lugares más emblemáticos de la ciudad. Descubrieron vínculos entre la catedral local y España, hablaron con los habitantes de la zona sobre costumbres y aficiones, e incluso entraron en algunas tiendas muy británicas en busca de productos únicos. Una vez completadas todas las misiones, un jurado muy estricto otorgó puntos a cada equipo. ¡Al final, hubo un empate entre dos equipos! Afortunadamente, había premios suficientes para que todos los miembros de esos dos grupos se llevaran a casa su propio y llamativo colgante inglés.)