Ola ola familias! Aquí seguimos na nosa aventura, que vai moi rápida e intensa!
Imos contarvos que fixemos esta semana, nos nosos primeiros días de academia e actividades!
LUNS:

cando tes frío calquera solución é boa
Erguémonos pola mañá ben cedo para dirixirnos á estación de tren, o noso punto de encontro para ir todxs xuntxs ata a universidade.
Alí chegamos, despois de moito tráfico e autobús, a coñecer as nosas aulas e profes. A Pam xa a coñeciamos pero a Helen aínda non.
Tiveron clases ata as 12:30 e dalí saímos cara Kingston para comer e ter un chisco de tempo libre.
Tocaba cine despois e a peli era: SPIDERMAN! Moitxs xa a viran, pero nada mellor para poder enterarse do que estaba a pasar sen ter que ter un C1 en inglés.
Coñecimos á nosa nova activity leader, Consuelo, medio polaca medio mexicana e moi Londinensa, que estará connosco en gran parte das actividades.
Ó saír do cine fomos directas a casa, que se nos fixera tardísimo e ó día seguinte tiñamos clase.
MARTES
Xa controlado o camiño, fomos ata a universidade de novo. Alí nas aulas estiveron tanto con Pam e Helen practicando, sobretodo, o speaking!
Unha vez rematamos clases, fomos comer e despois á bolera!!!! Acompañáronnos Consuelo e Pam e foi moi guai!



Na bolera tamén hai Arcades, así que ó rematar aínda xogaron un anaco máis ó billar, as carreiras ou a algún xogo de sorte.
Despois puideron ter máis tempo libre para explorar a cidade, estaban dexesándooo.
Logo a casa a cear e a descansar para poder estar a tempo ó día seguinte, que estes buses van lles da a gana, parecen vitrasas!!
MÉRCORES:

unhas boas folclóricas sempre levan abano
O mércores comezou o día con case todo o mundo controlando todo o tema do transporte e chegando ás clases sen problema. Foron clases ata as 12:30 e logo tiveron un pouco de tempo para comer o lunch onde quixeran en Kingston.
Algúns decidiron cambiarse de roupa porque pola tarde fixemos rounders e football. O football foi gobernado polos rapaces, que xogaron ata cansarse. Logo gran parte do grupo probou a xogar a rounders, aínda que, excepto a algunhas poucas, déuselles fatal!

Rematamos e tiveron tempo libre antes de ir a casa.

unha das esculturas que hai pola cidade de Kingston
XOVES:

autobús camiño ó centro, gústalles ir apretadxs
Levabamos esperando este día un tempo, i é que hoxe volviamos a London! Tivemos clases pola mañá e saímos antes para poder coller o tren e chegar ó centro, acompañadxs por Consuelo e Pam.

Primeiro fomos a estación de King’s Cross a recoller as Oyster persoais, coa súa cara e todo! E logo decidimos volver a Candem para explorar máis a rúa principal e seguir conseguindo gangas!

metro de london be like:

mario decidiu poñer un careto así que aquí o tedes

unhas xoias de candem personalizadas a xogo

Disfrutámolo un montón!!! Collimos o tren de volta a casa e algúns aínda quedaron con enerxía para xogar un pouco ó fútbol antes de ir a casa.
E isto e todo familias!!! Agardamos que vós estedes disfrutando polo menos a metade do que nós.
Unha aperta enorme,
as turistas!