Ola, familias! Continuamos coa nosa aventura!
O luns 14 o alumnado volta ás clases despois desta finde tan especial. Xa están totalmente acostumados aos profesores e mesmo a levantarse cedo!






Ao saír aproveitamos para facer unha parada no supermercado e mercar algúns snacks, pois á unha da tarde comezaba a nosa sesión no cine! Tivemos a sorte de ter a sala completa para nós e puidemos comer o packed lunch e os snacks mentres mirabamos Practical Magic 2.

Despois disto as estudantes tiveron tempo libre para seguir coñecendo St Neots e algúns aproveitaron para cearen xuntos.


O martes 15 foi o último día nas clases de integración. Todas e todos botaremos moito de menos aos profesores destes días, pois encaixaron moi ben nas necesidades do grupo.







Despois de moitas apertas e agasallos, saímos comer ao mesmo parque dos días anteriores. Alí fomos recollidos pola líder inglesa, que nos levou a facer patinaxe e a xogar ao fútbol. O alumnado gozou dunha tarde deportiva moi divertida!








Para rematar o día e tamén esta primeira semana, cada rapaz e rapaza tivo que coller a equipaxe e montar no tren ata Peterborough para ser recollidos polas novas familias. Despedíronse das familias en St Neots con moita mágoa, pero seguros de que ían atopar xente moi agradable e amable coa que compartir vivenda estas próximas dúas semanas!
Deica logo!
(¡¡Buenas familias!! ¡¡¡Continuamos con nuestra aventura!!!
El lunes 14, los estudiantes regresaron a clase tras un fin de semana muy especial. ¡Ya se habían acostumbrado por completo a los profesores, e incluso a madrugar!
Al terminar las clases, aprovechamos para pasar por el supermercado y comprar algunos aperitivos, ¡ya que nuestra sesión de cine comenzaba a la 1:00 p. m.! Tuvimos la suerte de contar con toda la sala para nosotros solos, así que pudimos comer nuestros almuerzos y aperitivos mientras veíamos *Practical Magic 2*.
Después, los estudiantes tuvieron tiempo libre para seguir explorando St Neots, y algunos aprovecharon para cenar juntos.
El martes 15 fue el último día de clases de integración. Todos echaremos mucho de menos a los profesores de estos días, ya que supieron entender y atender perfectamente las necesidades del grupo.
Tras muchos abrazos e intercambio de regalos, fuimos a comer al mismo parque que los días anteriores. Allí nos recogió el coordinador inglés para llevarnos a patinar sobre hielo y jugar al fútbol. ¡Los estudiantes disfrutaron de una tarde deportiva muy divertida!
Para cerrar el día —y esta primera semana—, cada estudiante tuvo que recoger su equipaje y tomar el tren hacia Peterborough, donde les recogerían sus nuevas familias anfitrionas. Se despidieron de sus familias de St Neots con un toque de tristeza, pero confiados en que conocerían a personas muy agradables y amables con quienes compartir hogar durante las próximas dos semanas.
¡Hasta pronto!)