First days in Norwich and trip to Cambridge 9/10-12/10

Good morning families!

Este é o primeiro blog que vos escribimos, aquí imos contarvos o que facemos neste e imos ensinarvos fotiños!

XOVES

Saímos no avión dirección Londres e para algunhas era a primeira vez que voaban, moitas ganas tiñamos de chegar!

Despois dunha viaxe en bus ata Norwich as familias foron recollernos e fomos directas para cama porque o día seguinte xa tocaba clase!

 

VENRES

Primeiro almorzo coas familas, descubrir a casa na que van estar estas semanas… Moitas cousas e pouco tempo porque toca primeiro día de academia!

Early birds at the academy

Chegaron sen maior problema ata o centro, onde está The English Experience School. Déronlles unha charla introdutoria e comezarón a lección, unha preparació para o luns, no que irían ó instituto inglés.

Ó mediodía xa comeran os packed lunches e como algún seguían tendo fame, collimos algo de comer no centro e fomos todxs xuntxs ata o parque da catedral. Menudas vistas para comer… Estabamos flipando!

 

 

 

 

 

 

Unha vez rematamos, comezamos o noso tour pola cidade, pasamos polo mercado, pola famosa rúa de película Elm Street, polas rúas comerciais, pola catedral, polo Town Hall… Por todos lados!

Andrés non cabía polas portas máis antiguas da cidade. A humanidade creceu!

A verdade e que hai moito aínda por descubrir en Norwich pero con este tour todo queda máis claro.

Tiveron tempo libre no centro comercial e aproveitaron por mercar provisións de comida para eses días. Ata houbo xente que xa fixo a primeira compra en JD.

 

Unha vez xa comezaba a ser tarde, cada casa colleu bus para chegar á cea. Algúns foron camiñando pero xa vos digo eu que o google maps non é o seu forte ajajaja

SÁBADO

Hoxe tocaba: DÍA LIBRE! Todos os coñecementos de onte do tour ían ser postos a proba hoxe! Quedaron todxs xuntxs para comer e escolleron o Five Guys, un restaurante de comida rápida americana que non existe en Galiza.

É gracioso porque como son tanta xente e sempre queren ir xuntxs non caben en ningún local. Así que colleron toda a comida para levar do Five Guys e decidiron comela na praza, así ninguén se separaba!

Despois de comer foron a pasear pola cidade e Dani encargouse de guiar ata Elm Street. Non vou mentir e dicirvos que non deron un bo rodeo antes de chegar… pero así polo menos visitaron sitios novos!

En realidade non estaban todxs i e que Alba e Ana foron almorzar estilo brunch coa familia e esta deulles a probar Marmite, que se non sabedes o que é… tedes moita sorte! As pobres estaban horrorizadas porque as enganaron dicindo que era chocolate e colleron un bo bocado.

Chegaron a casa para a cea e preparáronse para o día seguinte!

DOMINGO

Un dos días máis esperados, primeira excursión! Tocaba Cambridge, pobo universitario dos máis importantes de Reino Unido, xunto con Oxford.

Collimos o tren que duraba un pouco máis dunha hora e mataron o tempo algúns xogando ás cartas e outras sacándose fotos e escoitando a Justin Bieber.

Unha vez chegamos visitamos un dos 31 colleges (residencias) que existen na cidade. Tiña un xardín precioso e igrexa propia!

Din que tocar a cabeza de Pablo da sorte

Aquí intentando cantar cancións de misa en inglés

Paseamos polo centro e os colleges máis importantes, o mercado, preto do río Cam e as súas pontes e comimos o lunch nun parqueciño.

Tamén puidemos ver e probar o fudge, un dulce típico inglés feito de azucre, azucre e máis azucre! A algúns gustoulles tanto que mercaron entre todos para ir comendo no día.

Coincidiron en que o mellor era dark chocolate and sea salt

Despois diso tiveron tempo libre para pasear pola súa conta, sacarse fotos e mercar.

Alédame dicir que houbo algunhas que fixeron unha visita ó museo, moi guai!

Iso sí, case todo o mundo voltou cun suadoiro de Cambrige!

Chegamos a Norwich antes do esperado e as host families recolléronnxs na estación. Un día redondo!

O luns toca primeiro día de integración no instituto e estamos moi emocionadas!!!

Canto amor!!!!

 

Irémosvos contando como van estes días en Frammingham Earl.

Unha aperta moi grande, agardo que nos esteades a botar moito de menos jeje!

 

avatar

Lara Alvarez Alvarez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *