ORMISTON 14/10 – CHEGADA A NORWICH

HI FAMILIES!!

Onte deu comezo o programa de VIGO EN INGLÉS! Nas vindeiras tres semanas iremos dando conta de todo canto fan os nosos alumnos e alumnas en Norwich e en Ormiston Academy.

Pola mañá, antes de facturar, coñecímonos todos e logo de pasar o control de seguridade, sen maiores complicacións, fixemos esta foto grupal, xusto na porta do noso primeiro voo, a Madrid.

Unha vez chegamos á Terminal 4, trasladámonos á T4s para o noso segundo voo do día: off to London!

Antes de subir a este segundo avión, os mozos e mozas tiveron tempo libre para poder ir mercar algo de comer.

Á nosa chegada a Londres, logo de recoller as nosas maletas dirixímonos ao autobús que nos levou ata Norwich. Esta viaxe foi algo pesada xa que son unhas 3 horas e pico de camiño, aínda que as pasaron falando e comentado todas aquelas experiencias que lles gustarían vivir nestas tres semanas.

Unha vez saimos xa estaban as host families agardando por todos nós; de xeito que cada parella de alumnos foi coa súa familia.

Foto tomada por Nerea antes de tocar terra no aeroporto de Heathrow. Lovely shot!

Lauren, a persoa encargada dende The English Experience, que nos veu recoller ao aeroporto.

Road to Norwich!

Onte foi un día longo para todos pero a ilusión por esta experiencia está intacta!

Hoxe, sábado 15, dispoñen de todo o día para desfacer maletas, coñecer ás súas host families e ir de paseo, aproveitando o bo tempo desta fin de semana en terras inglesas.

Mañá verémonos na Estación de Tren de Norwich para encamiñarnos á nosa primeira excursión. Visitaremos o pobo costeiro de Cromer, enclave moi importante na comarca de Norfolk!

See you soon!

PD: Desculpade a calidade das fotografías mais o blog non permite a resolución real das mesmas, polo que quedan algo pixeladas.

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *