Destino: Lincoln (Grupo Peterborough)

O día de hoxe comezou coa boa nova de que as clases terminan un bo anaco antes: ás 11:45, para que así tivéramos máis tempo de coñecer o noso destino.

Lincoln foi unha vila que, en xeral, creo que sorprendeu para ben.

Tivemos a oportunidade de visitar o castelo de Lincoln, e a súa prisión (onde os rapaces puxéronse creativos nalgunha das celdas), así coma a muralla que o rodea. Grazas ao paseo por esta fortaleza puidemos desfrutar dunhas impresionantes vistas a Lincoln.

Todo hai que dicilo: para chegar ao Castelo houbo que subir unha importante costa que a moitos nos fixo sentirnos preto de casa do empinada e longa que era.

Número de libros mercados por Aitor a esta data: 12

avatar

Sara Gutiérrez García

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *