Moi boas, familias!
Hoxe foi un día longo. Comezamos a primeira hora da mañá esperando en Peinador polo avión Vigo – Madrid, ao tempo que chegaba o noso alcalde para a famosa foto.
Despois foron máis de 4 horas de espera no aeroporto Adolfo Suárez Madrid Barajas. Uns aproveitamos para relaxarnos nos sofás dos negocios e outros para pasear dun lado a outro. O voo Madrid – Londres foi tranquilo e a maioria de nós aproveitamos para ver unha película ou varias das pelis co catálogo de Iberia ofrecía.
Ao chegar a Londres tivemos que esperar un polo autobús que nos transportou a Wembley, onde esperaban as familias por nós. Fomos marchando aos poucos ata que ninguén quedou alí. Mañá as 9 comeza a aventura do Tour por Londres!