EXETER
Seguimos en contacto con vós nun novo día: estamos xa a xoves día catro. Tivemos un día longo de clases pero tamén puidemos rirnos un pouco e seguir traballando arreo.
Recollémonos hoxe máis cedo, en canto remataron as clases, e fomos a casa cear! Hoxe ceamos ás 5 da tarde… temos que habituarnos aos horarios ingleses de cea!
Hoxe temos un convite a visitar a catedral por dentro, xa que o grupo escolar de West Exe leva meses preparando un concerto de Nadal. Alí quedamos con Alice para entrar todos xuntos, xa que todo o mundo quere ir velos.
Algúns de nós collemos unha bebida quentiña para poder agardar na inmensa cola.
Dentro esperamos a que comezase o espectáculo, onde nos deleitaron con típicas panxoliñas – algunhas delas coñecémolas en español -, performances e lecturas de Nadal.
Todo o mundo escoita e de cando en vez aplauden moi apaixonadamente cando rematan. Levan facendo este concerto cada ano durante moito tempo e, tanto no ámbito escolar coma no familiar, involúcrase toda a poboación… As bancadas estaban ateigadas!!
É moi tarde, xa veñen recollernos! Ata mañá!
Saúdos.
Sandra, Noelia e Eva.