Bos días familias!
Hoxe é o último día de blog xa que mañá é domingo e pasaremos o día cada un facendo diferentes cousas, e o luns xa toca volta e os poderemos contar todo en persona.
Tivemos a última saída de sábado a… BATH! A verdade é que o tempo non acompañou moito, pero fixemos un pequeno tour pola cidade para ubicarnos e coñecer as zonas máis importantes baixo capuchas e paraugas e logo xa comezou a sair o sol.
Despois do tour comemos o noso LUNCH e tivemos tempo libre para facer o que máis nos apetecera (comprar, pasear, ver partido de rugby…)
Despois de todo iso outras dúas horas de bus de volta e… a disfrutar do último sábado antes de comezar a vida real.
Moitas grazas a todXs por esta aventura!!