Queridos Mamás e Papás:
Xa comezamos a lembrar con mágoa que xa chegamos a metade da nosa gran aventura na Gran Bretaña, agora os días pasan como horas.
A verdade é que aquí estamos moi a gusto. E non estamos só nos a gusto, se non que os nosos anfitrións tamén. Xa que non deixamos de recibir os parabéns de todos os membros do instituto. O mellor de todo é que os alumnos de aquí están comezando a mostrar interese en facer un programa similar en Vigo.
Pola tarde, xa rematada a escola, uns cantos volvimos camiñando, bordeando a costa, en vez de coller o tren. Facía moi bo día e apetecíanos facer algo diferente. Eso sí, atopamos unha tenda chamada “poundland” onde todo costa un pound, e collimos mareas de lambonadas.
Xa pola noite, estivemos a facer no BEC xogos de mesa. E fixemos unha asamblea para decidir entre todos nos que ímos facer o vindeiro domingo.
Apertas para todos!
Deica mañá!