BROADSTAIRS 05/10/2017. Chegada o meridiano da nosa aventura!

Queridos Mamás e Papás:

Xa comezamos a lembrar con mágoa que xa chegamos a metade da nosa gran aventura na Gran Bretaña, agora os días  pasan como horas.

A verdade é que aquí estamos moi a gusto. E non estamos só nos a gusto, se non que os nosos anfitrións tamén. Xa que non deixamos de recibir os parabéns de todos os membros do instituto. O mellor de todo é que os alumnos de aquí están comezando a mostrar interese en facer un programa similar en Vigo.

Pola tarde, xa rematada a escola, uns cantos volvimos camiñando, bordeando a costa, en vez de coller o tren. Facía moi bo día e apetecíanos facer algo diferente. Eso sí, atopamos unha tenda chamada “poundland” onde todo costa un pound, e collimos mareas de lambonadas.

Xa pola noite, estivemos a facer no BEC xogos de mesa. E fixemos unha asamblea para decidir entre todos nos que ímos facer o vindeiro domingo.

Apertas para todos!

Deica mañá!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *