Tardes no colexio, pero con moldeado de arxila!

Boas tardes a tod@s!

Xa queda menos para que poidades volver a ver ás vosas fillas e fillos, pero cónstame que moitos deles aínda non queren marchar… Non é para menos, coa de actividades divertidas que estamos facendo por aquí 🙂

Este pasado xoves, nunha das clases da mañá, un grupiño de alumnos foi agasallado con mooitas cartas dos seus compañeiros irlandeses nas que escribían o moito que os botarían de menos.

Despois de comer xuntámonos no colexio coa profesora de arte e co de educación física e ambos nos levaron a facer un roteiro por Balbriggan. Aprendemos unha chea de curiosidades desta cidade, como que de aquí sacaba as medias a raíña Victoria, e explicáronnos tamén as consecuencias da guerra da independencia contra Reino Unido.

 

O venres pola tarde todas sacamos a nosa vea máis artística porque tocou unha actividade moi especial: facer un imán de recordo para levar a Vigo! A profesora explicou como facer o bosquexo, primeiro en papel para logo poder copialo na arxila.

   

Coma auténticos profesionais puxémonos a moldear e despois tocou pintar:

 

Finalmente, tras moito esforzo e precisión, así nos quedaron as nosas creacións (non vos fixedes moito que probablemente este sexa un dos agasallos que vos teñen preparados @s vos@s fill@s!!!).

Con isto remataba a última semana de clases oficiais desta viaxe que por desgraza vai chegando ao seu fin. Todo o alumnado tiña moitas ganas do chulísimo plan do sábado 17, do que xa falaremos na seguinte entrada do blog…

Deica logo!

¡Buenas tardes a todos!

Ya queda menos para que podáis volver a ver a vuestras hijas e hijos, pero me consta que muchos de ellos todavía no quieren marcharse… ¡Y no es para menos, con la cantidad de actividades divertidas que estamos haciendo por aquí! 🙂

Este pasado jueves, durante una de las clases de la mañana, un grupito de alumnos recibió un montón de cartas de sus compañeros irlandeses en las que les contaban cuánto los iban a echar de menos.

Después de comer, nos reunimos en el colegio con la profesora de Arte y el profesor de Educación Física, que nos llevaron a hacer un recorrido por Balbriggan. Aprendimos un montón de curiosidades sobre esta ciudad, como que la reina Victoria compraba aquí sus medias, y también nos explicaron las consecuencias de la guerra de independencia contra el Reino Unido.

El viernes por la tarde sacamos nuestro lado más artístico, porque nos esperaba una actividad muy especial: ¡hacer un imán de recuerdo para llevar a Vigo!

La profesora nos explicó cómo preparar el boceto, primero en papel para después poder reproducirlo en arcilla.

Como auténticos profesionales, nos pusimos a moldear y después llegó el momento de pintar.

Finalmente, tras mucho esfuerzo y precisión, así quedaron nuestras creaciones. ¡No os fijéis demasiado, que probablemente este sea uno de los regalos que vuestros hijos e hijas os tienen preparados!

Con esto terminaba la última semana de clases oficiales de este viaje que, por desgracia, va llegando a su fin.

Todo el alumnado tenía muchísimas ganas del plan tan chulo que nos esperaba el sábado 17, pero de eso ya hablaremos en la próxima entrada del blog…

¡Hasta pronto!

avatar

Tais Groba Alvarez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *