20 de Xunho. Treasure Hunt en Kingston

Booooos dias queridas familias viguesas!

De novo estamos de volta para facervos un resumo do que esta a ser a estancia de vosos fillos na Christ’s School de Richmond. A primeira semana, sempre e moi intensa pero asi o parvo, xa fai sete dias que chegamos a Reino Unido. E case nin nos demos conta. Entre autobuses, clases, mais clases, actividades e mais autobuses, o tempo pasa voando. Antes de que nos demos conta, estaremos voando de volta cara a casa.

Onte foi un dia un tanto especial. Os rapaces estaban nerviosos, posto que por motivos de exames, parte do noso grupo ia a ser cambiada de curso cos “maiores”. Iso doulles a oportunidade de poder decidir a que asignaturas van a querer asistir durante as duas proximas semanas. Asi, os rapaces estiveron escollendo as suas clases e disenhando os seus propios horarios para os seguintes quince dias. O certo e que da gusto velos traballar como equipo, dialogando e escollendo sobre os seus propios intereses.

Debatindo as clases

Pola tarde, quedamos con noso leader Bob en Kingston para levar a cabo a Treasure Hunt (o que ven a ser unha busca do tesouro de toda a vida, vamos). O grupo dividiuse en pequenos equipos de 2, 3 ou 4 membros e tinhan coma funcion responder a unha serie de preguntas sobre a cidade. O premio creaballes moita intriga e habia que facer o que fora por ganhar…E cando dicimos o que fora, referimonos a requerir axuda da Wikipedia, ainda que fora descaradamente. E senon mirade o “Costa Wifi Team” coma foron pillados nas patacas contestando o cuestionario comodamente dende unha cafeteria….Seran trampons!  E non foron os unicos!

Fer, Edu y Alex en su particular búsqueda del tesoro

Yemile, Raquel e Belen na treasure hunt Discutindo os grupos

Finalmente, foron Lidia e Cristina as que conseguiron o premio (unha estupenda caixa de pasteis british pola que a moitos se lles fixo a boca auga).

Lidia y Cristina las gnadoras

Foi unha tarde entretida e serviu para que o grupo poidese conhecer mellor o entorno. Esta tarde tocan clases de ingles, e logo a visita do “mayor” local.

Despedimonos ata a vindeira entrada, non sen antes animarvos a que comentedes as nosas aventuras! Nunca esta demais algo de feedback!

Un saudinho das monitoras!

Ver álbum de fotos: https://www.flickr.com/photos/newlink/collections/72157669874824445/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *