Boas a todos! Xa tedes as maletas feitas?
Chámome Gabriela, pero poderedes chamarme Gabi. Serei quen vos acompañe nesta viaxe, pero antes de vernos ‘face to face’ o luns queríame presentar para que coñezades un pouquiño de min.
Nacín en Stuttgar (Alemaña) e son a irmá maior que decidiu estudiar artes xa cando tiña 5 anos, así que poderédesme preguntar cousiñas relacionadas co arte nas visitas que fagamos. Tamén son monitora de tempo libre e monitora ambiental. Ademais falo inglés, alemán e galego. Estou dubidando comezar a estudar entre portugués ou italiano.
Apaixónanme os deportes, son monitora de escalada e actividades náuticas como: surf, bodyboard, kaiak, paddle surf, … Certamente son máis pokemon auga que outra cousa.
O fan que son dos chistes malos, xa o descubriredes na viaxe.
Recórdovos levar algo para xantar no aeroporto/avión e para cear xa que chegaremos tarde. Non vos olvidedes da documentación (tarxeta europea sanitaria, permiso paterno e pasaporte), o adaptador e que se levades efectivo que sexan libras esternilas. E por último, deixade os nervios na casa!
See you!