THORPE – 24/09 Visita polo Norwich medieval

Ola, seguidores das nosas aventuras!

Hoxe tivemos oportunidade de introducirnos na parte máis antiga de Norwich, como xa sabedes una das cidades medievais mellor conservadas de Inglaterra. Mapa en man, comezamos o día ao lado do mercado, para dirixirnos cara o Guildhall, o edificio que se encargaba de recolectar os tributos da cidade durante a Idade Media.

Barrio da catedral

A cidade de Norwich, e o condado de Norfolk en xeral, pertencen a unha área de Inglaterra que mantivo una tradición rural que se perpetuou dende a Idade Media. Así a maioría do centro da cidade sigue mantendo as ruelas empedradas e pódese observar con facilidade que se trataba dunda cidade amurallada.

Vista sobre o río Wensum

Continuamos a visita por a parte de The Hallls, chegando ata o río Wensum. Alí, Ellen contounos a historia de cando a Peste Negra asolou a cidade. Resulta que as casa de Elm Hill aínda acubillan de cando en vez as almas en pena de aquelas persoas que pereceron naquel entón.

Nos alrededores de Elm Hill

Foi o caso da familia que vivía xusto ao principio da rúa. Eles foron os primeiros en contrater a Peste en todo Norwich, así que os veciños pensaron que a mellor maneira de erradicala era tapiando a casa na que vivían con eles dentro. Despois de varias semanas, cando abriron a casa descubriron, horrorizados, que os pais tiñan mordedelas nos brazos moi grandes para ser de rata: a filla máis vella tratara de comelos!

Cow Tower

Pois sí, os ingleses teñen moitas historias de fantasmas e lugares encantados. Nós continuamos a nosa visita pola outra beira do río, ata chegar a Bishop Bridge Road, que onde se encontra a ponte máis antiga de Norwich, tamén no seu momento única entrada a cidade. Logo seguimos ata Cow Tower, a torre vixía e o adro da catedral.

Despois do cuestionario sobre a Catedral, posamos no claustro interior

Un día cheo de aventuras e de cousas interesantes que contar. Sen dúbida quedounos claro que a Norwich é un lugar con unha historia moi rica.

Mañá toca descansar coas host families, pero o luns volveremos por acá para contarvos as últimas novidades.

See you here!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *