Primeiros días de clase!

Boas noites familias!

Todo ben pola terriña? Aquí estamos de marabilla, comezamos as clases un pouco perdidos xa que este lugar é ENORME, só hai portas e máis portas e adiviñade que máis? Portas hahaha algún despitado xa tivo a oportunidade de asistir a unha clase na que non se lle esperaba, pero foi moi benvido 👻.

LUNS

O luns pola mañá tivemos reunión a primeira hora no Garden Hall para repasar os nosos horarios e coñecer a que clase tiñamos que ir. Matemáticas, tecnoloxía e deseño, geografía, inglés, fotografía, arte, club de cine… como vedes todo moi distinto ao insti de Galicia 🤯.

Logo dunha paradiña para coller unha galleta e falar rápidamente das primeiras impresións, voltamos as clases ata a hora do Lunch onde tivemos que esperar para entrar por turnos no comedor xa que nel comen todos os nenos e nenas do insti, canto alboroto!

Tras ter unha hora para comer e descansar un pouco, quedamos todos no Garden hall outra vez para facer reconto e voltar ás clases.

As 4 da tarde rematan todas as lessons ( así lle chaman ás clases) e toca facer a actividade proposta pola escola onde tiñan para escoller entre baloncesto e tempo de estudo ( a maioría escolleron obviamente baloncesto😅).

Chega a noite e con ela a hora de coller os móbiles e cear ( un momento moi esperado🥳🥳, tanta lesson fai entrar a fame 🥵) ainda nos costa un pouco o de ter que esperar para repetir e algúns tentamos coller a maior cantidade posible na primeira ronda, no reparto das salchichas: ingleses 1 españois 5 🤣🤣

Se pensabades que aquí remataba o día….pos estades equivocados e equivocadas! Tocou SQUASH, ben sendo coma o frontón pero cunha raqueta. A verdade e que non se nos daba especialmente ben…pero as ganas non faltaron!! ( e as risas tampouco)

Despois diso tocou tempo libre e estar todas xuntas xogando nas salas comúns ou simplemente desfalecendo nun sofá:

As 10 tocou pis, pixama dentes e para cama 🥱💤.

MARTES

A rutina do martes foi igual ca do luns, (diferentes lessons e actividades pero mesma dinámica).

Tocoulles escoller entre Squash ( para mellorar o saque 😝) Scrabble ou estudo.

Na cea seguimos gañando na cantidade de comida nos platos, e o postre nunca pode faltar… menudas tartas!

 

Tras a cea tempo libre e xa sabedes como vai…9.30 entregar móbiles e as 10…pis, pixama, dentes e para a cama.

E nos tamén,

Un biquiño para todas!

Lara e Belén

 

 

 

avatar

Belén Cortizo Fontenla

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *