Godalming 27/09 – Xogo de brilé nunha tarde radiante

Hoxe amencimos coa típica brétema atlántica. Entre iso e o verde que nos rodea parecía que estábamos na casa, aínda que facía un pouco máis de fresco (aquí si que chegou o Outono).

Non pasa nada, polo momento non nos choveu e polas tardes vai calor, para que despois falen do clima inglés. Que dure!

Así que decidimos trocar a actividade física desta tarde, que ía ser badminton, por outra. Daba pena meterse nun ximnasio e non sairmos fora e por iso Alex, o noso segundo coordinador local, organizou unha variante do xogo de brilé “estilo inglés”.

 

Entendidas as intrucións en inglés, todo o grupo tentou darlle ao asunto:

E aínda fixemos varias partidas cun par de variantes e cambios de equipo. Facía calor e cansamos de correr, pero como sempre a cousa desenvolveuse entre risas:

E claro está, foto de grupo final! Mañán xa é venres e parece incríbel que xa pasara unha semana… uf! O tempo voa unha vez te adaptas e o pasas ben 😉

PD. Os das sombras somos o Alex máis eu… 😀

avatar

Xoan Paredes

2 pensamientos en “Godalming 27/09 – Xogo de brilé nunha tarde radiante

  1. Hola de novo, vese ben que non se aburren Ainda quedan moitos días, pensó que non nos votan de menos, Mellor así . Porque Inda que a vexo en fotos todolos días ,si que empezo a ter morriña . Non me queda nada! .Boa noite. Espero que se porten ben e deixen Vigo ben alto.
    Saudos. María.

    • Claro que pensan en vós! 🙂 Pero son tantísimas cousas novas para eles/as!
      E aquí toda a xente comenta o bo comportamento do grupo… realmente a impresión que están deixando e moi boa 😉

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *