7. Trip to Bristol – Bath 1 – 11.09.25

Este sábado cambiamos totalmente de aires. Deixamos atrás a elegante cidade de inspiración romana que é Bath para mergullarnos na punkie Bristol, unha urbe na que volvemos atoparnos cos ladrillos vermellos tipicamente ingleses que xa viramos en Londres.

Este sábado hemos cambiado totalmente de aires. Dejamos atrás la elegante ciudad de inspiración romana que es Bath para sumergirnos en la punkie Bristol, una urbe en la que volvimos a encontrarnos con los ladrillos rojos típicamente ingleses que ya habíamos visto en Londres.

Nada máis chegar á cidade dirixímonos ao famoso e ecléctico museo M Shed, situado na zona portuaria. Trátase dun museo interactivo que narra a historia de Bristol desde diferentes perspectivas: comeza con mostras visuais da súa flora e fauna, ademais dos antigos medios de transporte que percorreron as súas rúas, e avanza ata abordar a súa complexa relación con América, o pasado colonial e as duras repercusións que este tivo na vida das persoas negras.

Nada más llegar a la ciudad nos dirigimos al famoso y ecléctico museo M Shed, situado en la zona portuaria. Se trata de un museo interactivo que narra la historia de Bristol desde diferentes ángulos: comienza con muestras visuales de su flora y fauna, además de los antiguos medios de transporte que recorrieron sus calles, y avanza hasta abordar su compleja relación con América, el pasado colonial y las duras repercusiones que este tuvo en la vida de las personas negras.

Despois de percorrer o museo, fixemos unha pequena pausa para xantar na cafetería do M Shed, nunha agradable zona de mesas tipo merendeiro.

Tras recorrer el museo, hicimos una pequeña pausa para comer en la cafetería del M Shed, en una agradable zona de mesas tipo merendero.

A continuación, comezamos o percorrido polas rúas e prazas máis emblemáticas da cidade, ata chegar a unha das obras de arte urbano máis coñecidas de Bristol: unha das primeiras obras de Banksy.

A continuación, comenzamos el tour recorriendo algunas de las calles y plazas más emblemáticas de la ciudad, hasta llegar a una de las obras de arte callejero más conocidas de Bristol: una de las primeras obras de Banksy.

Se Bristol se asemella en algo a Vigo, é na costa que tivemos que subir para chegar á torre Cabot, unha torre restaurada desde a que as máis aventureiras puidemos contemplar unha magnífica vista panorámica da cidade.

Si Bristol se parece en algo a Vigo, es en la cuesta que tuvimos que subir para llegar a la torre Cabot, una torre renovada desde la que las más aventureras pudimos contemplar una magnífica vista panorámica de la ciudad.

Logo baixamos de novo por Park Street e chegamos á rúa comercial xusto a tempo para agocharnos dos trebóns máis intensos do día. Nesta zona pódese atopar de todo: desde unha libraría con ofertas por só 5 libras, unha tenda de calcetíns moi divertidos, pubs clásicos, acolledoras cafeterías perfectas para tomar un chocolate quente, un supermercado asiático e tendas vintage.

Después descendimos de nuevo por Park Street y llegamos a la calle comercial justo a tiempo para resguardarnos de los chubascos más intensos del día. En esta zona se puede encontrar de todo: desde una librería con ofertas a solo 5 libras, una tienda de calcetines de lo más divertidos, pubs clásicos, acogedoras cafeterías perfectas para tomarse un chocolate caliente, un supermercado asiático y tiendas vintage.

Seguimos descubrindo as rúas e o arte urbano da cidade ata que chegamos ao mercado cuberto e ao aire libre de St Nicholas Market, un lugar que nos sorprendeu moi gratamente. Cos seus ducias de postos de comida internacional, artesanía, roupa, discos e curiosidades, transmite unha enerxía única e resume moi ben a diversidade cultural de Bristol.

Seguimos descubriendo las calles y el arte urbano de la ciudad hasta que llegamos al mercado cubierto y al aire libre de St Nicholas Market, que nos sorprendió muy gratamente. Con sus decenas de puestos de comida internacional, artesanía, ropa, discos y curiosidades, transmite una energía única y resume muy bien la diversidad cultural de Bristol.

 

Deixámosvos cun debuxo no que cada unha nos desinamos a nós mesmas. Seguiremos informando!

Os dejamos con un dibujo en el que cada una de nosotras se dibujó a sí misma. Seguiremos informando!

avatar

Julia Teijeiro Riveiro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *