Bo día chuvioso a todos/as☔,
Preséntome, chámome Paula e teño 27 anos. Son do norte do norte (Sismundi, Cariño), máis alá do muro🐺. Son profe de inglés e músico, e estudei no CMUS Profesional de Vigo e o grao de Linguas estranxeiras na UVigo.
Este é o meu terceiro ano como monitora do Pilivigo e serei quen acompañará á vosa rapazada durante a súa estancia en Devon. Intentarei que poidan gozar ó máximo desta experiencia e irei relatando as súas aventuras nestes 20 días a través deste blogue.

Unha aperta,
a moni Paula.