Good evening everybody!
Onte as nenas e nenos tiveron o primeiro contacto co colexio e cos que serán os seus compañeiros estas 3 semanas. Fixéronlles un tour polo colexio e tiveron as primerias clases como Historia, Deseño e Tecnoloxía, Drama… Despois das clases tamén tiveron tempo para xogar ao balón prisioneiro.
Todas e todos se están acostumbrando á comida, os buses, as clases… Nun par de días xa o terán todo controlado e pasarán por nativos perfectamente.
A immersión lingüística están sendo bastante profunda, xa combinan á perfección o galego, o castelán, o inglés e algúns ata se atreven co francés tamén.
Déixovos por aquí algunhas fotos do día de chegada camiño no bus e outras feitas no colexio para que vexades que guapos están cos uniformes.
Good night!