Flintshire – 13/10 – Bye, bye Flintshire. Volta á casa!

Good afternoon, families!

Onte foi un día intenso. Despedidas e horas e horas nos aeroportos. Esta experiencia chegou ao seu fin despois de 3 semanas. Creo que aos rapaces se lle pasaron rápido e todos querían quedar máis tempo. Pronto se acostumaron ao uniforme e os “packed-lunch” e, como non, aos seus compis galeses. Creo que iso vai ser o que máis botarán de menos, as amizades que fixeron.

Pero os pais e nais seguro que estabades desexando que volveran á casa, porque, aínda que pareza que non, a estas mozas e mozos bótanselles en falta.

Pois coas nosas chaquetas vermellas e azuis tocaba pasearnos polo aeroporto de Mánchester, pasar un control bastante tedioso e comprar os últimos regalos para famila e amigos. Chegamos a Madrid e xa si que isto estaba chegando ao remate. Despois de 2 horas de espera había que coller o último voo destino a Vigo para ás 23.20 poñer pé na nosa terriña, e a partir de aí xa fostes testigos de todoso os abrazos e bicos.

Foi un pracer compartir estas 3 semanas con todas e todos vós. Os momentos “difíciles” pasaron a un segundo plano ao ver que eles desfrutaron da experiencia e  vós, as familias, estabades felices polas vosas fillas e fillos.

P.D.: Candela, Isa, Marta, Paula, Mencía, Luis, Galo, Pablo, Nico, Iago, Tomás e Carlos… non me olvidarei de vós, e espero que vós de min tampouco ;-).

 

Bye, bye!!!

 

Flintshire – 09/10 – Loggerheads Country Park

Good evening, everyone!

Xa é mércores, estamos na metada de semana escolar. Xa non queda nada para cambiar o Argoed High School polo Cluny!

Outra mañá entre clases, así que pola tarde era o turno de respirar un pouco de aire libre. Aproveitando que o tempo acompañaba, as nenas e nenos deron un paseo polo parque natural Loggerheads Country Park.

Candela foi a fotógrafa oficial esta tarde, así que démoslle a gracias por inmortalizar estes momentos:

 

Bye, bye!

 

Flintshire – 08/10 – Drama, drama!

Hi everyone!

Un día máis (ou menos, depende como se mire) pasamos a mañá no Argoed High School. Maths, Science, IT, Welsh…esas son algunas das materias ás que asisten as nenas e nenos todas as mañás. Un break para coller enerxías cos packed lunchs, e volta ás clases. Chegan as 15.00 e é hora de sacar os uniformes.

Hoxe pola tarde tiveron de actividade unha clase de Drama, onde algúns deles puideron sacar ese actor/actriz que levan dentro.

Polas fotos podemos dicir que disfrutaron e o pasaron ben. Igual ata algún ou algunha lle gustou tanto isto do Drama que nun futuro poida que se dedique profesionalmente, quen sabe.

See you!

Flintshire – 07/10 – Sports afternoon and Café Isa

Good mornig!

 

Luns, é hora de volver á rutina da semana, pero esta é diferente. É a nosa última semana aquí…

Despois das clases as nenas e nenos tiveron unha tarde de intensa de deporte. Había que queimar as calorías da fin de semana.

Tras as actividades tiveron tempo libre no Café Isa para tomar algo e conversar. Botarán de menos este sitio cando cheguen a Vigo?

Ánimo a todas e todos para o que queda de semana!

Flintshire – 05/10 – Excursión a Liverpool

Hello!

Este sábado fomos de excursión a Liverpool, todos tiñamos ganas de visitar a cidade dos The Beatles!

Chegamos arredor das 11 da mañá e o autobus deixounos na parte do porto chamada The Royal Albert Dock. Demos unha volta para ver a zona e tamén algúns se subiron á noria para ver as bonitas vistas da zona.

Despois xa era hora de comer así que fomos ata a área comercial Liverpool One onde hai sitios de restauración e tamén moito espacio para comer ao aire libre. Cando rematamos, fomos a explorar a cidade e, como non, a comprar algún que outro souvenir. Liverpool é unha perdición para ir de shopping…

O tempo non chegou a nada, quedaríamos a pasar o día enteiro se puidésemos, pero tocaba volver a Flintshire.

Póñovos algunhas fotos para que vexades unha parte da viaxe. Se queredes ver tamén algún vídeo, visitade a conta de Instagram @prestatyn.flintshire e xa veredes como chegou a muiñeira a Liverpool.

 

Sigue leyendo

Flintshire – 03/10- Afternoon at Café Isa

Good morning!

Entre clase e clase pasou case a metade do día.

Candela e Galo fixeron moitas aportacións na clase de Relixión, a profesora quedou moi contenta.

Luis e Iago estiveron facendo un traballo sobre Galicia e Andalucía que presentarán o luns na clase. Tamén axudaron a facer un póster para o departamento de Linguas.

Estas nenas e nenos están feitos todos uns traballadores. Dende o High School pídenme que vos transmita ás nais e pais que todo está sendo moi positivo.

Despois das clases pasaron a tarde no Café Isa tomando algo e de conversa con algúns amigos nativos. Aquí vos deixo unhas fotos:

Flintshire – 02/10 – Swimming afternoon!

Good morning everyone!

 

Coma todos os días as nenas e nenos pasaron a mañá no High School entre clase e clase. Nótase que estamos na segunda semana e xa todos están adaptados ao sistema escolar nativo. Algún ata tivo exames e os resultados foron moi positivos.

Pola tarde tiveron unha actividade que lles gustou moito, piscina! Pasárono moi ben e disfrutaron moito tirándose polos tobogáns. Non puideron sacar fotos pero conseguín unha para que vexades como eran as instalacións. Na parte superior dereita saen os nenos preparados para tirarse polo tobogán.

Xa estamos na metade desta experiencia, cando menos o pensemos xa estaremos de volta nas nosas casas… Habería que saber a quen lle pasa máis rápido o tempo, se aos pais ou aos nenos. Tendes ganas de que volvan a Vigo?

 

See you!

Flintshire – 1/10 – Film Afternoon

Hi everyone!

Hoxe pasamos unha mañá máis entre clase e clase. Pola tarde seguimos no High School pero esta vez non para estudar, senon para ver unha peli. Así que o colexio converteuse nun cine, con palomitas e zumo incluídos.

Os propios estudantes elixiron a película “A ciegas”. Estiveron tan entretidos no “cine” que non sacaron ningunha foto…

E isto foi todo por hoxe, mañá é mércores e xa case estamos no ecuador da semana.

 

See you!

Flintshire – 28/09 – Trip to Llandudno!

Good afternoon, everyone!

Chegou o tan esperado día da nosa primeira EXCURSIÓN! E nada máis e nada menos que a Llandudno, unha cidade que parece sacada da serie Downton Abbey.

O malo: o tempo. Que maneira de chover! Pero que mellor refuxio para os nosos rapaces que unha sala de xogos. Acabamos diagnosticándolle a algún que outro ludopatía, xa que non querían saír de alí. Eso sí, grazas a eles conseguimos a mascota do grupo, polo que valiu a pena.

Tras unha corta visita ao Pier, mentres o resto se quedaron dentro escapando da choiva, dirixímonos ao centro da cidade onde nos dispersamos para disfrutar dunhas horiñas de tempo libre.

Uns directos se foron de tendas, como non. O Primark hoxe moito vendeu. Outros de novo co vicio do xogo. E outros poucos a comer, por suposto. Pero non sen antes a foto de rigor coa nosa bandeira viguesa. E ademais co White Rabbit de Alice in Wonderland (xa que resulta que a cidade está colmada de estatuas do filme dado que a verdadeira Alice veraneaba por aquí).

Sobre as 15:30 reunímonos todos de novo para coller o bus con destino Conwy e disfrutar das preciosas vistas dende o seu castelo. Un pobo moi pintoresco no que nos atopamos coa casa máis pequena de Gran Bretaña.

Tras esta última parada, os grupos de Prestatyn e Flintshire voltaron ás repectivas casas para disfrutar dun pouco de tempo libre antes de volver coas súas host families.

Espero que vos gustara este mini resumo e disfrutedes coas fotiños que sacamos.

Espero que vos gusten as fotos. Se queredes ver máis vídeos ou fotos animámosvos a que visitedes a nosa conta de Instagram @prestatyn.flintshire

Un saúdo.