LONG STRATTON
Hoxe foi un día moi intenso! é o último día e xa se contan as horas para que esta aventura remate.
Hoxe o día foi dedicado a facerse unha excursión todos xuntos dende os grupos de Norwich para ir visitar Cambridge. Fomos guiados polas rúas de Cambridge e visitar a cidade todo o día!
Fomos a ver os diferentes colleges, formados por o mais famoso que é o Queens College fundado por dúas raiñas. visitamos a cidade nun tour que nos ensinou as zonas mais famosas como onde se formou a banda de Pink Floyd e a ponte de Matemáticas diseñado por William Etheridge en 1749.Outra das paradas famosas foi preto da universidade onde debaixo da famosa maceira Isaac Newton acertou coa teoría da gravidade.
E unha visita completada coa visita as tendas e casi todos mercando unhas sudaderas famosas da zona! Tod@s queremos quedarnos un ano mais e estudiar nestas universidade tan boa!… nunca se sabe!
Toca voltar xa que maña erguemosnos moi cedo para coller o avión de volta as nosas casas e a Vigo!