A verdade que bastante difiícil redactar o blog no día de hoxe, non tanto por ser o último día, senón porque non saber exactamente que contarvos mamis e papis.
Durante a mañá Bieito e eu tivemos a oportunidade de entrar un rato no aula, convidados por Maira e Mike (aula conxunta). Os rapaces fixeron no día de hoxe presentación de temas varios preparados en días previos. Para non romper máis a máxia da clase os monitores seguimos cás nosas tarefas no noso punto de referencia durante esta estadía, a cafetería da universidade… mentras que os rapaces se puxeron hoxe as botas con chocolates varios. Ao final ata parece ser que van a botar de menos a Maira e a Mike????!!!!
Para Bieito e para min, o momento máis especial do día foi despedirnos de Pam, a coordinadora local, atenta e predisposta a axudar aos rapaces e a nós, un sobresainte para ela. Nota aparte a organización local, mellor deixala en ‘No commentes’.
A Bieito hoxe o corpo llas pedía, ter un ‘speech’ cós rapaces, último día, indicacións claras. Tarde libre para compras, máis ben últimas compras, hora de chegada definida, ás 6 p.m., que hai que preparar maletas, descansar para a xornada de viaxe, etc… e non menos certo e o último día cás host families (son consciente que o trato de todas as host families non son iguais pero é o seu estar o último día na casa, cear, etc).
Ao largo da tarde ablandámonos e ampliamos a hora de chegada á habitual 7 p.m. Iso sí, tiñan que pornos olliños para ter dita ampliación.
No noso caso Bieito e eu fomos a recoller a nosa host mum, Nita, ao seu traballo. Podríamos escribir un blog de todo o que vivimos con ela, pero non procede, oxalá os rapaces lle haxan collido a metade do cariño que nos lle collemos a ela, e que conversasen, reísen, saísen fóra da casa unha cuarta parte do que nos fixemos. Por algo é a QUEEN das host mum entre @s monitores.
Bieito, gran compañeiro có cal compartimos unha mesma visión educadora, un pracer compartir estas 3 semanas, creo que fixemos boa dúpla.
Aunque poucos son os selfies que me fixen e moitos os que me roubaron os rapaces e rapazas. O SELFIE GAÑADOR vai dedicado ao respeto, a tolerancia e ao cumplimento das normas de circulación.
Rapaces, bueno, un pouco de todo, momentos en que podería levarvos de cea e outros deixarvos sen ela, ‘no more comments’.
Mamis e papis, para calquer aclaración ahí estaremos no aeroporto de Peinador.
SEE YOU LATER!