Hello there,
Que tal vai a cousa por Galicia? Por aquí a rapazada xa está asentada e a piques de se empadroar 🙂
A nosa viaxe comenzou no aeroporto de Vigo con algo de intranquilidade xa que estes paxaros están comezando a voar fóra do niño.
Os dous grupos fóronse coñecendo nesta travesía. A primeira parada foi no Burger King… perdón, en Madrid. E logo directos para Heathrow.
Superados os numerosos controis e a fronteira en United Kingdom lograron chegar xunta as familias que os agardaban para a primeira cea.
O venres introducíronlles as aulas e espazos do instituto, ou máis ben a universidade, que goza dun hall para estar relaxados, comer, facer deberes e, sobre todo, poder xogar ao ping pong, xbox ou futbolín (parece que isto é o que máis lles gusta. Xa veredes fotos).
Coñeceron ao gran profesor Paul, o cal é moi peculiar e está claro que non se olvidarán del.
Que concentrados/as estaban facendo o test de inglés.
Fixeron un tour polo centro que lles serviu para ubicarse mellor. Preto do Ashford College hay un pequeno centro comercial cerca, un parque, un cinema e a estación de tren.
Ao día seguinte fomos para a estación onde coñecimos a Pouchant, Puxan, Puchan…a saber como se escribe. Él foi o noso guía turístico por London onde visitamos os lugares máis emblemáticos da cidade como o British Museum, Chinatown, o Big Ben (que por fin está reparado), a Abadía de Westminster, Piccadilly Circus, etc.
En canto ao domingo a rapazada pasou o día facendo algún plan coa familia, como ir a Canterbury para comer no Nando´s, ir de compras por Designer Outlet de Ashford ou visitar a cidade dando paseos.
A partir do luns as clases comezan máis seriamente. Sen embargo, a expectación por facer a actividade Trampolining at Flip Out creceu a medida que pasou a mañá. Era máis grande do esperado, con moitas colchonetas e música de ambiente. De seguro que gastaron as enerxías. Hoxe durmirán plácidamente.
Xa superamos a adaptación na pequena cidade de Ashford. A relación coas familias vai vento en popa e no Ashford College tamén se sinten cómodos/as.
Contarémosvos máis na seguinte aventura. Até a próxima!