Últimos días de clase!!!

Boas noites familias!!

Xa queda menos para voltar a casa! Algúns din que non lles importaría quedar unha ou dúas semaniñas máis…  Outroa levan 3 días facendo e desfacendo a maleta e xa hai máis dun e dunha agobiados polo exceso de peso. Comezan os días de chanchullos entre maletas, de pensar cal é o outfit que máis pesa ou incluso de entrar en pánico e ver que roupa é prescindible 🤯.

Estes días a rapazada seguiu indo as clases de mañaná coma de costume e polas tardes fixemos diversas actividades:

LUNS

Despois das clases tocou xogar ao voleyball. Fíxose un mini campionato entre 4 equipos. Había moita xente desexosa de xogar para demostrar o seu nivelazo ( Carla, María, Sergio…😎)

Despois tiveron tempo libre ata a hora de entregar os móviles.

MARTES

A actividade da tarde do martes foi tunear as sudadeiras de Vigo en inglés para que o xoves todo o colexio poida firmar en tales obras de arte.

Os que non quixeron pintar as sudadeiras tiveron tempo libre para xogar ao billar, andar co móbil, estar nas salas de xogos…

MÉRCORES

Despois das clases os rapazes tiveron a final de España – Inglaterra e adiviñade quen ganou?

NÓS!!!! OLEE OLEEEEE CANTA CALIDADE NESTE EQUIPO!!

MENUDO PORTEIRO!!

MENUDOS XOGADORES!!

MENUDA AFICIÓN!!!!!!

Motivación pre partido

O Míster firmando as camisetas dos seus xogadores, neste caso do capitán.

Tras un pequeno problema técnico coa pintura a noite anterior (rápidamente foi solventado indo a mercar máis), as rapazas quixeron continuar decorando as súas prendas polo que máns á obra!

Desta vez ademáis de roupa pintáronse caras 🤡.

É un panda? Un gato? Un rato? Who knows

E non deu tempo a máis!

Un abrazo e vémonos pronto!!

Lara e Belén

(Algunhas fotiños aleatorias da rapazada)

Que non se diga que os nenos non son limpos. Menudo xeito coa aspiradora!

Aquí non se espera a comer o postre na mesa

Como nos queren os nosos nenos e nenas 😍. ( e nos tamén 😘)

Ogallá alguén nos mire coma Mael mira a Raúl.

 

avatar

Belén Cortizo Fontenla

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *