Treasure hunt, got talent e picnic na praia

Boas tardes familias!

Seguimos coa rutina das clases, agora xa ninguén se perde neste laberinto, incluso algún atalla mellor xa ca os propios estudantes ingleses 😎.

MÉRCORES

O mércores pola tarde empezaron a sorpresas….

Despois de comer non voltamos a clase, se non que fomos facer unha búsqueda do tesouro por Southwold! Por grupos de 3 ou 4 tiñamos que ir atopando pistas por todo o pobo para descubrir ao ladrón. A competencia era dura xa que tamén xogaban contra as monitoras 😈.

Na búsqueda algúns rendíronse case antes de comezar, outros quedaron atascados en pistas, só uns poucos conseguiron alcanzar as monitoras e algúns incluso poñerse por diante…

Non houbo un gañador xa que ningún dos grupos conseguiu completar a búsqueda e a choiva e a noite comezaban a facer acto de presenza, polo que unha vez todos xuntos camiñamos de volta ao instituto para darlle inicio ao talent show.

Madremia o talent show! Talent talent non houbo moito pero show…ese non faltou jajajaja.

As actuacións foron poucas pero moi variadas.

1. Laura, Carla, carla, Noa, Noa, Izan, Paola e Candela bailaron o limbo.

2. Gonzalo e Alex fixeron maxia de cartas

3. Breixo deunos unha masterclass de avións de papel

4. Hugo fixo de Melendi

5. Estela e Mael tocaron o piano mentres Yago era sustituído por Breixo no escenario e nos deleitaba cuns bailes mezclados con artes marciais.

6. Mario, Raúl, Blas, Diego e Beltrán cantaron Oliveira dos cen anos.

E o gañador deste talent show foi….

BREIXO!!!

XOVES

Outro día de ovos con baicon e salchichas, clases e sorpresa de tarde 😼. Sabedes cal foi a recompensa por particicipar?? Un picnic no pobo en vez das actividades de tarde no colexio.

Os afortunados puxéronse guapos e guapas para baixar ao pobo. Algúns incluso tiveron tempo de mercar algunha cousa nas tendas que aínda non estaban pechadas. Mercamos comida no súper e unha vez con todo fomos cara a praia a unha zona con teito e bancos para comer tranquilos e xogar con pelotas na praia. Xa ben entrada a noitiña voltamos ao internado. Que rápido anoitece neste lugar!

E nada,

Pis, pixama, dentes e para cama!

😘😘

 

 

 

avatar

Belén Cortizo Fontenla

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *