Routine in Framingham 20/10- 22/10

Hello familias de novo!

Despois dunha finde marabillosa con viaxe a London incluida toca voltar á rutina!

LUNS

Voltamos á rutina co noso bus de confianza, chegamos a tempo e tivemos un día cheo de clases.

Foi un día pasado por auga… e iso que pola tarde tiñamos City Search. Tiveron que ir por toda  a cidade respostando preguntas e facendo probas.

Chovía tanto que pode ser que algún se refuxiara nalgún Mc Donalds tonto… non os culpo.

O grupo gañador foi o de Aanika, Julia, Lara e Uxía, listíiiisimas!

gañadorísimas

MARTES

Outro día máis de rutina, XA QUEDA MENOS! Non nos podemos crer que vaiamos rematar as clases no instituto esta semana…

Pola tarde aproveitamos que non chovía moito e fixemos un Riverside Walk. Un paseo pola beira do río e polas zonas máis históricas de Norwich.

Antes de comezar fomos a a unha tenda de doces moi antigua e puidemos mercar cousas raras para probar. Entre elas Cloe probou unha chuche super ácida e case pota! Para xs demáis non era para tanto…

chuches de melocotón, regalices, chocolate de cookies and cream…

 

 

O paseo foi lindísimo e logo tiveron un pouco de tempo libre para facer a súa cousa favorita: ir ó Taco Bell (menudo desastriño!!)

menudo show cos cisnes, daban un pouco de medo pero puidemos achegarnos un montón

 

MÉRCORES

Outro día de aulas, algúns xogaron o fútbol (o pobre Guzmán non aguanta máis, di que os ingleses son malísimos!) Claudia tamén tivo a oportunidade de xogar pero debe ser que as rapazas son mellores…

Pola tarde tocaba cine. Iamos ver Tron: Ares. En menuda sala de cine estabamos: asentos reclinables, bandexa para a comida, espazo para as pernas… totalmente VIP. E menudo banquete de comida montaron algúns.

alitas de polo CON GUANTES

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A peli durou máis do esperado e o saír algúns tiveron que correr para coller os buses, e aínda que foi difícil, conseguimos chegar a casa sanxs e salvxs!

Mañá toca último día de instituto, teremos que dicir adeus os nosos buddies 🙁

Unha aperta moi grande familias! Non nos botedes moito de menos que en menos dunha semana estamos xa de voltaa

Bicos de parte de todxs 💕💕💕💕

 

avatar

Lara Alvarez Alvarez

2 pensamientos en “Routine in Framingham 20/10- 22/10

Responder a Mariluz Ardao Peña Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *