Ola ola, boa día!
Onte foi un día normal por aquí por Norwich.
Quedamos as 9:00 no Forum, punto xa coñecido por todxs. E xa de primeira hora de mañá puxéronse a xogar o fútbol coa súa nova pelota, que baitizaron como Wilson (en honra o can dunha das host families que marchou para outra casa)
Despois fomos en bus ata o Sainsbury centre, un museo con obras pictóricas e escultóricas de diferentes artistas. Había moitas obras de Bacon, xa que a familia Sainsbury invertira cartos neste artista, algo así coma os seus mecenas.
A rapazada estivo vendo todas as obras e facendo fotos, ata tiveron tempo de sentar e descansar. Tamén había unha tenda que tiña mil cousas interesantes, parecía case coma o museo en si.
Logo pola tarde tiñan academia pero antes tiveron tempo libre para comer e aproveitar coma quixeran.
Hoxe nas clases parte do grupo foi facer un exercicio de rúa! Tiñan que ir preguntando á xente quen era a persoa máis famosa entre Thomas Edison, Newton, etc. Creo que o pasaron ben saíndo un pouco das aulas e tomar aire! Aínda que outrxs non tiveron esa sorte…
Logo cando remataron as aulas tiveron tempo libre e así como algúns voltaron para casa, outrxs quedaron aínda un rato connosco! E ata houbo quen aproveitou para dar un paseo.
Agardamos que vos esteades ben, nos por aquí estamos desfrutándoo moito!!!
Unha aperta grande 💓💓💓
Lara e Alaska.
Muchas gracias Lara y Alaska por ponernos al día con estos magníficos blogs, porque sin ellos muchas no nos hubiéramos enterado de casi nada y así da gusto!!! Os animo a que sigáis haciéndolo así de bien, y q disfrutéis a tope. Me encantan los contenidos y las fotos☺️☺️☺️ un abrazo enorme!!! Y muchas gracias!♥️♥️♥️♥️
GRAZAS A VÓS! polxs vosxs fillxs e por lernos e por todooo!!!