Hi families! IT’S FRIDAY!
Hoxe concluimos a nosa primeira semana de clases e non puido ser mellor. O noso grupiño está a recibir eloxios dos profesores pola súa participación, coñecementos e forma de ser tan proactiva! Estamos encantadas!
Ao longo da maña acompañaron aos seus buddies ás distintas aulas e algúns tiveron Photography ou Biology mentres que outras foron a PE ou a unha asignatura de preparación para a vida, sobre valores éticos e cívicos.
Tamén hai quen foi a Technology e mesmo a unha charla sobre cans de carreiras. Charla na que, por certo, puideron acariñar a dous galgos preciosos.
Logo de voltar a Norwich, quedamos con Ellen en Forum.
Dende alí explicamoslles a actividade da tarde, que consistiu nun city search. E que é isto do city search? Pois veredes, divididos por parellas tiveron que ir buscando respostas a preguntas sobre a historia e lugares da cidade.
Houbo que tivo quen correr para completar as máximas preguntas posible no tempo que tiñan. E outras tamén se serviron do “comodín do público” preguntándolle aos transeúntes!
Ao quedar o contador a cero, o grupo voltou ao meeting point e Ellen recolleu todos os folios. O luns saberemos quen é a parella gañadora!! 🏆
Finalmente tiveron tempo libre ata que voltaron ás súas casas e arestora están rematando os preparativos para ir mañá de visita a … CAMBRIDGE!! 🏛️
Xa temos moitas ganas de camiñar por esta cidade con tanta historia e parece que o tempo vai acompañar cunhas raiolas de sol e unha agradable temperatura (o que aquí lle chaman indian summer).
See you soon!
Alaska & Lara 🤍
Hola!!!
Muchas gracias por todo lo que hacéis y por mantener a las familias informadas.
Están felices, Sofía nos dice que le encanta todo😍.
Gracias por esas fotos que mandáis y por acompañarlos en esta experiencia que están disfrutando tanto.
Que disfrutéis en Cambridge!!!!🥰🥰
Buenas noches.
Diana
Ola Diana!
Moitas grazas por lernos! A verdade é que estamos pasando unha estancia moi boa. Cada día aprenden algo máis en Ormiston Academy da man dos buddies e tamén nos divertimos nas actividades da tarde!
Todo é máis doado cun grupo tan bo!
E mañá a desfrutar de Cambridge que o merecemos moito!!
Unha aperta!
Bonito blog
Bonito blog
Moi bo traballo
Thank you Yago!! 😄