Alguén dixo xogos olímpicos? (Grupo Peterborough)

Tras outra mañá de clases, ás 12:30 dirixímonos ao parque da catedral para tomar a “lunch”, tan querida por todos dende o primeiro día.

Á 13:30 reunímonos con Harrison, quen nos guiou ata os Ferry Meadows para que, coma se forámos xogadores olímpicos preparando os próximos xogos de 2024, fixéramos do campo o noso territorio e nos batéramos a morte (metafóricamente por suposto) pola victoria no Hockey.

Tras algún incidente de menor gravidade e moito moito correr, non foi ningún dos equipos o realmente gañador, senón o deporte mesmo, que esgotou ata ós rapaces que parecen funcionar con esas pilas do coelliño.

Especial mención a Paula e Carlota que tumbáronse nada máis chegar e pasaron a tarde enteira durmindo. Así de intenso é o PiliVigo.

Finalmente, voltamos á parada do bus para dirixirnos a Queensgate e, dende alí, cada un subir no bus que lle levaría a casa.

avatar

Sara Gutiérrez García

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *