Hi families!
Hoxe era o día no que, seguindo o planning, coñeceríamos ao Lord Mayor e a Sheriff de Norwich pero non puido realizarse este encontro debido a compromisos laborais dos mesmos.
Deunos mágoa non poder cumprir co establecido pero a alternativa tamén foi xenial: saímos de excursión cara Great Yarmouth!!
Saímos e chegamos cediño pola maña polo que aínda non había moitas tendas e comercios abertos pero os rapaces buliron axiña para os recreativos.
Mentres, outros preferiron pasear polo sea side, aproveitando a marabillosa mañá de sol que houbo!
Tamén, en canto abriron, foron a curiosear polos distintos postos de souvenirs, roupa e comida.
Houbo quen tamén decidiu ir ver como se elaboran os famosos Yarmouth Rocks, uns caramelos con distintos sabores; ou dar un paseo aéreo na noria, disfrutando dunhas vistas inmellorables!!
Logo de pasar a mañá por este pobo costeiro tan encantador, volvimos á estación de tren para tomar o camiño de volta cara Norwich. Aínda tiveron un chisco de tempo libre e logo foron ás English lessons coas súas profesoras Ellen e Lauren.
Hoxe foi un día moi entretido para todos nós! Mañá máis e mellor!
See you soon!
Alaska e Lara 🤍
Encantada, de ver día a día, que bien se lo pasan.
Moitas grazas por lernos! 🤍