HI FAMILIES!
Hoxe o noso estudantado acudiu á Ormiston Victory Academy para as clases regulares da mañá. Cada estudante co seu buddy vai ás clases de distintas materias: Performing Arts, Mandarin, Spanish, Geography, PE, Chemistry, etc.
No lunch time tamén poden mercar por 1£ comida na cantina do high school. Isto está moi ben porque, aínda que as host families lles dan o pack lunch, esta rapazada sempre ten fame!
Nesta semana, previa ao half term, os estudantes ingleses están a realizar exames. O half term consiste nunhas vacacións curtas, dunha semana, no medio do período escolar. Por este motivo, a vindeira semana, o noso alumnado acudirá a clases de inglés en The English Experience Academy, para seguir mellorando o nivel de inglés!
Logo das clases, e antes de comezas á visita, tiveron uns minutiños de tempo libre para abastecerse con algo de comida.
Logo dirixímonos a un pequeno pero encantador xardín, chamado Plantation Gardens. Alí puidemos ver un espazo verde chego de flores e unha fonte antiga.
Despois continuamos a nosa visita á The Cathedral of St John the Baptist.
Esta é unha das dúas catedrais que hai na cidade, xunto coa Catedral Inglesa, que visitaremos nas vindeiras semanas. Isto significa que Norwich conta con dous bispados.
Concretamente, esta catedral católica romana, de estilo neogótico, construíuse entre 1882 e 1910. E, segundo nos dixo a nosa local guide Ellen, é a segunda catedral católica máis grande do Reino Unido, despois dunha situada na cidade de Londres.
Ao rematar a nosa actividade, que lles pareceu interesante e bonito todo o que vimos, o alumnado tivo tempo libre antes de voltar para a casa.
See you soon!
Alaska e Lara 🤍
Muy interesante todo lo que nos enviáis
Moitas grazas Manuel!
Estamos todos encantados de estar vivindo esta experiencia xuntos, agardando as aventuras que nos agardan nos vindeiros días!
Un saúdo!
Cool!