Eastbourne (St. Catherine’s) – Días 18 e 19

Bo día a todos/as,

Como estades, nais/pais da nosa rapazada? Nós estamos un pouquiño tristes porque a nosa aventura está a piques de rematar. Mais estamos a gozar dos últimos anacos de ledicia en Eastbourne, the Sunny side of England 🌞. Aló imos coas novas:

Día 18:

Finalizaron as vacacións de Half-term, así que comezamos a semana volvendo ás clases en St. Catherine’s College 🏫. Logo da pausa para xantar, dirixímonos ó Sovereign Harbour ⛵ onde puidemos saborear uns ricos xeados ó pé do porto. Para rematar, demos un paseo polas ⛲fontes⛲ do porto e ata a Martello Tower Number 66. Dato curioso: Contruíronse 74 Martello Towers ó redor destas costas ante o temor da invasión Napoleónica, pero logo ningunha foi empregada no conflicto. ⚔️ 

Día 19:

Empezamos o día con ledicia nas clases do cole St. Catherine’s🎒. E logo toca… 🥁🥁🥁

SKATEWORLD! Volvemos ós 70’s 🕺🕺 A actividade de hoxe era patinar e mover o esqueleto como Atilano na pista!

E isto sería todo polo de agora! 🛹

Sección diaria do humor de Pepe 🤡

Como el helado os lo pagó ELAC, debería llamarse Elacdo jeje

Unha aperta e seguiremos informando,

Paula e Pepe

 

 

 

 

Eastbourne (St. Catherine’s) – Días 13 ó 17

Bo día a todas/os,

Voltamos por estes lares para informarvos das últimas novidades cotiás dos/as rapaces/as. Aló imos!

Día 13:

Comezamos o mércores coas clases na academia 👩🏼‍🏫 (Beresford Astro) con varias pausas para descansar polo medio. Ó remate, baixamos ó centro para xantar e logo, coller o tren a… 🥁🥁🥁

HASTINGS! Si, si, onde tivo lugar a batalla ⚔️ na que saiu triunfal William, the Conqueror invadindo e arrebatando o territorio ós saxóns en 1066.

Alí, fumos ata o porto para dividirnos en dous grupos: un que partiu para subir ó cume ó East Hill Lift Upper Station ⛰️ para exploralo e outro que quedou na zona recreativa 🕹️do porto.

Ás 17:30 collimos o tren de volta cara Eastbourne e así despedimos a xornada.

Día 14:

Os/as rapaces/as foron ás clases á academia pola mañá e logo tiveron tempo libre pola tarde para descansar, facer recados, cambiar cartos, quedar con amigos/as ingleses/as…

Día 15:

Comezaron o venres con clases na academia, ó ser o último día incluso cantaron con Patrick e o seu acordeón 🎶 (Patrick era un dos profesores nativos, un señor entrañable). Logo de despedirnos, tivemos unha pausa polo centro para xantar e máis tarde fumos a Sovereign Centre. Aquí puideron gozar das piscinas con ondas, música de fondo, tobogáns… Diversión garantida! 🌊✨

Día 16:

O sábados son sinónimo de excursión! E o destiño foi… 🥁🥁🥁

LONDRES!

Nesta segunda viaxe variamos o itinerario para cubrir varios sitios que a rapazada quería visitar. Comezamos a ruta visitando Harrods🛍️.

Continuamos polo estadio de fútbol do Arsenal⚽⚽⚽.

Unha breve parada en King’s Cross para todos/as aqueles/as fans de Harry Potter⚡🧙🏻.

Para rematar a excursión en… 🥁🥁🥁

Neste barrio, coñecido pola súa atmosfera alternativa e singular, a rapazada puido comer comida da rúa, ver tendas alternativas, artistas tocando e moito máis.🥡 🎶🎨

Tódolos/as monitores/as dos grupos de Eastbourne (Hugo, Pepe, Berto, Paula, Sandra e Ianire).

Día 17:

O domingo é o día de descanso por excelencia.

Sección diaria do humor de Pepe🤡

Mientras jugaban en el arcade de Hastings dijo: “No dehastings una máquina sin probar, eh” (Badabum tsss)

Unha aperta e seguiremos informando,

Paula e Pepe

Eastbourne (St Catherine’s) – Día 11 e 12

Boas tardes a todas/os,

Aquí estamos un día máis para informarvos das novidades destes días. Aló imos:

Día 11:

Esta semana son as vacacións escolares, así que no canto de ir a St Catherine’s College, a rapazada ten clases de inglés en Beresford Astro. Pola tarde, tivemos visita ó Town Hall (o concello) da man do alcalde e o seu asistente. O alcalde é unha persoa entrañable e moi agradable, o Councillor Pat Rodohan. Durante a nosa visita, estiveron explicándollela historia do concello de Eastbourne ós/ás rapaces/as.

Día 12:

O martes comezamos visitando o museo de arte contemporánea, Towner Museum🎨. Este museo alberga unha das coleccións públicas máis significativas de arte contemporáneo no sur de Inglaterra. 🏴󠁧󠁢󠁥󠁮󠁧󠁿

Máis tarde fixemos unha pausa para comer de mediodía e ir á academia 🧑‍🏫 ás clases de inglés ata as cinco e media.

Sección diaria de Pepe 🃏

¿Esto es un museo o es un mausoleo?

Unha aperta e seguiremos informando,

Paula e Pepe

Eastbourne (St Catherine’s) – Días 8, 9 e 10

Bo día a todas/os,

Agardo que tiverades unha boa fin de semana, ímosvos contar que tal transcurriu a nosa.

Día 8:

Comezamos o venres coas clases no St. Catherine’s College 🏫, transcurriu a mañá sen incidentes. Logo da pausa para xantar, tiveron tempo libre para facer compras de souvenirs e explorar un pouco máis a cidade pola súa conta.

Día 9:

Temos excursión a… 🥁🥁🥁

Collimos o tren na estación ás 8h40 cun traxecto de hora e media ata Londres. Alí comezamos a ruta coa nosa guía local, Amelia, na estación de London Victoria e collimos o metro 🚇 hacia Westminster.

Vimos o Big Ben, a Abadía de Westminster e a rapazada aproveitou para sacar a típica foto coa cabina telefónica vermella.

Camiñando fumos ó Buckingham PalaceConvent Garden Trafalgar Square. 

Logo, tiveron tempo para xantar, e quedamos en Leicester Square. Continuamos a ruta hacia o London Bridge .

Chegamos á casa sobre as seis e media a Eastbourne.

Día 10:

O domingo tiveron día libre para descansar e estar coa Host Family. 🫂

Sección diaria de Pepe 🃏

¿Será el Gran Benito la traducción al español del Big Ben?

Unha aperta e seguiremos informando,

Paula e Pepe

Eastbourne (St. Catherine’s) – Día 6 e 7

Bo día a todos/as,

Un vez máis por aquí para informarvos do acontecido estes últimos días. ✌🏻

Día 6:

O mércores comezamos o día indo ás clases ó St. Catherine’s College. Logo do Lunch break, fumos en bus  🚐 visitar o Pevensey Castle 🏰, un castelo que ultimamente fixo servizo coma forte de emerxencia na Segunda Guerra Mundial. Deixámosvos algunhas fotos da rapazada explorando os seus recunchos:

Finalmente, volvimos ó centro e cadaquén para a súa casa coa Host Family.

Día 7:

O xoves logo dunha mañá de clases dinámicas e diferentes a España, deixámoslles tempo á rapazada para cambiarse para a nosa aventura diaria. Hoxe, a actividade consistiu nunha andaina de 2 horas para ver o Beachy Head 🌅, famoso polo seus cantís brancos e ondulados.

Sección diaria de Pepe 🃏

Os ingleses ó tomar tanto té, por que non se chaman “ingletes” no canto de ingleses? 🥁

Unha aperta e seguiremos informando,

Paula e Pepe

Eastbourne (St. Catherine’s) – Día 5

Bo día a todas/os,

Hoxe imos contarvos o desenvolvemento do martes. ✌🏻

Día 5:

Comezamos o día indo ó colexio St. Catherine’s, alí reuníronse cos/coas buddies para asistir ás clases. Hai máis variedade que en España, por exemplo, teñen clases de cociña, danza, dramaturxia… 🎭 Entre medias, tiveron un pequeno break para retomar forzas e continuar co resto de clases ata a pausa para xantar. Á saída do colexio, estábanos agardando Yolo, o noso guía local mencionado anteriormente.

Como xa víramos o porto e o paseo cambiamos a actividade e tivemos unha tarde de xogos no Gildredge Park 🌲. Alí estivemos ata as 17:00.

Sección diaria de Pepe 🃏

Hoxe, Pepe estaba falto de inspiración, pero a un nivel supremo de escasez. Debe ser o clima inglés.

Unha aperta e seguiremos informando,

Paula e Pepe

Eastbourne (St. Catherine’s) – Días 3 e 4

Bo día de novo,

Imos co repaso destes días! ✌🏻

Día 3:

Os domingos están destinados a descansar, pasar tempo e conectar coa Host Family e dar unha volta por Eastbourne, que inda que non sexa moi grande, sempre hai recunchos por descubrir. Así que non teremos moitas novas deste día.

Día 4:

Comezamos o luns coa integración no novo colexio 🏫. En St. Catherine’s College estábanos agardando Ms. Williams para guiarnos ata a cafetería e alí comezar coa selección da comida do día seguinte. Logo diso, empezou a asignación de buddies. Os/as buddies son parte do alumnado do colexio que axudará cos horarios e as aulas ás que deberán acudir a nosa rapazada durante a súa estadía aquí.

Ó remate das clases, tiveron a pausa para o xantar e así estar preparados/as para continuar a xornada coas actividades. Hoxe toca visitar o Eastbourne Pier ⚓ e o paseo marítimo, da man do noso guía local Yolo.

Logo, para rematar dirixímonos ó centro, máis concretamente, á entrada do The beacon 🏬. 

E ata aquí o día, á tardiña xa cearon coas súas Host Families.

Sección diaria de Pepe 🃏

Pepe viuse obrigado a preguntar se Yolo era un nome real ou se, pola contra, era polo significado “You only live once”. Para a súa decepción, era polas siglas do nome de Yolo.

Unha aperta e seguiremos informando,

Paula e Pepe

Eastbourne (St. Catherine’s) – Días 1 e 2

Bo día a todos/as,

Preséntome, son a monitora Paula e xunto con Pepe, imos irvos contando o día a día dos/as rapaces/as que están en St. Catherine’s College.

Día 1:

O venres comezamos a nosa aventura no aeroporto de Vigo, con escala en Barcelona, para chegar finalmente ó aeroporto de London Gatwick. Alí, estábanos agardando as nosas coordinadoras locais para coller o bus con destino a Eastbourne (que grazas ó ser noite e haber pouco tráfico, tardou menos dunha hora). En Eastbourne cada rapaz/a foi aloxada pola familia anfitrioa correspondente e a descansar logo dun longo día de viaxe.

Día 2:

O sábado tocou excursión a Brighton, unha vila próxima á nosa, desprazándonos no tren ata alí todos os grupos de Eastbourne xuntos. A nós asignáronnos a Rayyan, o noso guía local, comezando o noso tour dende a praia🏖️.

A próxima parada no camiño foi o famoso porto ó estilo victoriano 🎡 , o Brighton Palace Pier, onde a rapazada puido xogar nos salóns recreativos e atraccións.

Logo, fixemos un descanso para xantar no parque ó lado do Royal Pavilion 🕌. E retomamos o paseo ata chegar ós Lanes. Vimos o centro e tiveron tempo libre no centro comercial.

Ó voltar a Eastbourne, cada rapaz/a ceou con cadansúa familia.

Sección diaria del humor de Pepe 🃏

¿Por qué Eastbourne se llama Eastbourne? Porque aquí nació Jason Bourne. (Badaboum tssss.)