BATH days 19 & 20: de paseo e en patíns

Hey! We’re almost there, aren’t we?

A golpe de martes, a tristura por ter que marchar xa parecía estarnos chegando. Pero aínda tiñamos uns días para intentar desfrutar ao máximo do tempo que nos quedaba. Comezamos a mañá de novo no St. Gregory’s onde, durante o tutor time, as e os estudantes participaron dunhas votacións que se realizan nos colexios a nivel estatal e sobre un tema en concreto. Esta semana, o topic era o vaping, respecto do cal discutiu o noso grupo. Seguidamente, marcharon a cadansúa aula e, de novo ás 15.10, vímonos todas e todos na entrada para ir coller o bus até o centro. E, unha vez mercados os pertinentes hot chocolates e chocomilks na máquina de £1 da estación, seguimos a Charles.

A actividade da tarde consistía nun paseo pola canle do río Avon ao seu paso por Bath. Comezamos no tramo sur máis próximo a nós, e fomos indo cara ao norte. Así, puidemos ver os locks e os diferentes niveis de auga que creaban. Ou os barcos (algúns convertidos en vivendas) que se atopaban no leito do río. E, sobre todo, tamén vimos (e demos de comer) a algún que outro cisne. 

 

Así, e anda que por mor da chuvia, ao comezo non parecían moi polo labor de camiñar, ao final todas e todas pasaron unha moi boa tarde.

Rematamos á altura do Holburne Museum e, desde aí, as rapazas e rapaces tiveron un chisco de tempo libre. Durante o que, non vos pensedes, aproveitaron para ir a un supermercado relativamente barato (o de relativo é porque aquí, até o barato sae caro, e canto máis ao cambio) a facer acopio de provisións para a viaxe de volta. Está por ver se chega algo a Vigo. Sobre ou non, e con algunhas libras de menos na carteira, marcharon a casa a descansar.

Ao día seguinte, mércores, continuou a rutina no instituto. Durante o tutor time, Mr. Hollis fíxolles un pequeno quiz as e os estudantes. Preguntas sobre a xeografía británica, os postres, ou aquelas referidas ao propio colexio foron algunhas das cuestións que tiveron que responder. E despois marcharon a clase, onde aproveitaron para amosar todo o seu talento nas artes plásticas.

Cando finalizou a primeira parte do día, fomos de novo a coller o bus. E, tamén como sempre, baixo a chuvia (que sabe caer no momento no que as e os estudantes saen de clase) ou pasando frío.

Pero nin o mal tempo ía permitir que perdésemos a ilusión pola actividade da tarde: a roller disco (Halloween Special). Entre crianzas con disfraces do máis variopintos, o grupo estivo patinando até a evening. E tivemos tanto profesionais, como principiantes ben valentes. Velaquí unha recompilación de momentos para que poidades desfrutar.

Cando xa o cansancio chegaba (para nada porque era a hora de pechar), e tendo cumprido novamente a cota de exercicio semanal, marchamos todas e todos as nosas casas, que desde logo había ganas de cear.

Do que xa non tiñan tantas era de preparse para o último día.

Time really flies, doesn’t it? 

avatar

Cecilia Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *