Chegou a fin de semana e con ela… a nosa última viaxe en sábado! Non podemos crer que todo estea a ir taaan rápido… mais aínda queda moito por disfrutar!
Quedamos coma sempre ás 9.30 da mañá e esta vez puxemos rumbo a Kilkenny. Despois de máis ou menos unha hora no autobús disfrutando dunhas paisaxes moi semellantes ás galegas, chegamos directas ás portas do castelo.
Dado que había mil cousas que facer na cidade e cada unha tiñamos as nosas preferencias, decidimos dividirnos en grupos para sacar o máximo proveito ao día: algunhas comezamos por ver o castelo, outras preferimos empezar polos seus impresionantes xardíns, outras escapamos correndo ás numerosas tendas que había na vila, outras visitamos a catedral protestante e subimos á súa torre… Iso si, todo o mundo o pasou de marabilla! E para mostra aí vos van uns cantos botóns:
E agora si… comeza a nosa última semana! Xa nos botades en falta? Se queredes podemos quedar en Thurles uns diíñas máis, as vosas fillas e fillos estarían encantadas! A ver se ningunha “queda durmida” o día de volta 😉