Hi families!
Hoxe comeza o half term, que consiste nunha semana de vacacións dentro do período escolar. Por este motivo, toda esta semana non asistiremos a Ormiston Victory Academy pero continuaremos coas clases de inglés en The English Experience School, que é a nosa axencia aquí en Norwich.
Al longo desta semana realizaremos ás actividades pola mañá e teremos as clases de inglés pola tarde.
Hoxe fumos ver ao cine a nova película de DC, do superheroe “Black Adam“. Unha película cargada de efectos visuais e sonoros. Encantoulles!
Despois tivemos clases de inglés, de 14h a 17h con break entre elas. O grupo dividiuse en dous e foron para distintas aulas coas profesoras Ellen e Lauren.
Tamén repartimos os premios aos gañadores do City Search que realizamos a semana pasada. Houbo empate entre a parella de Pablo Méndez e Bruno (con 14 puntos pero chegaron dentro do tempo permitido) e a de Jorge e Tomás (tamén con 14 puntos pero chegaron logo de que rematara o tempo).
Finalmente tiveron un pouco de tempo libre ata á hora de chegar á casa.
See you soon!
Alaska & Lara 🤍
Aprovechad bien el tiempo y dysfrutad de todo lo buen que véis
Moitas grazas! Sii, niso estamos! Facendo cada día un novo plan e mellorando o noso English level!