CONVOCATORIA ORDINARIA 3º ESO - 2024

Como participar

Para iniciar o proceso de presentación de solicitude durante o prazo habilitado ao efecto, os interesados deberán cumprimentar o formulario electrónico de uso obrigatorio a través da aplicación en liña dispoñible nas páxinas https://escolas.vigo.org/vigoeningles e/ou https://www.vigoeningles.org/convocatoria. Unha vez cuberto este formulario, se gravarán os datos na aplicación en liña, o que permitirá ao interesado/a elixir posteriormente entre a presentación telemática a través da sede electrónica do Concello de Vigo ou presencial a través da oficina de rexistro.

Unha vez cuberto en liña o formulario, é requisito imprescindible asinalo e rexistralo por algunha das seguintes vías:

  • Solicitude telemática (vía preferente): Seguindo as instrucións que se indican e unha vez cuberto o Formulario de Solicitude aloxado nas páxinas web https://escolas.vigo.org/vigoeningles e/ou https://www.vigoeningles.org/convocatoria , terá que entrar no enlace https://www.vigo.org/solicitude-vigoeningles, cubrir os campos requiridos e premendo “tramitar por internet”, acceder á carpeta cidadá para rexistrar o formulario de solicitude (deberá dispoñer de certificado dixital, DNI electrónico, usuario e contrasinal do Concello...) sendo necesario asinalo por calquera dos medios de sinatura admitidos na sede electrónica que se poden consultar no enlace https://sede.vigo.org/expedientes/sede_textos/texto.jsp?idt=sede_firma.

    Unha vez realizado este proceso poderá descargar o xustificante do Rexistro.
  • Solicitude presencial: Unha vez cuberto o Formulario de Solicitude aloxado nas páxinas web https://escolas.vigo.org/vigoeningles e/ou https://www.vigoeningles.org/convocatoria, deberáse obligatoriamente imprimir e asinar polo pai e nai, titor/a legal, outros/as o documento resultante (Formulario de Solicitude) e, acompañado da documentación requirida se fose necesario, presentalo no Rexistro Xeral do Concello de Vigo de luns a venres en horario de 9,00 a 13,30 hrs. (previa cita nos teléfonos 010 / 986810260 / 986810100 ou na web citaprevia.vigo.org), ou en calquera dos lugares establecidos no art.16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

    No caso de que a solicitude sexa enviada por correo postal, será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que o/a funcionario/a da oficina de correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa certificación postal. Así mesmo, o/a solicitante fará chegar mediante correo electrónico á oficina do programa VIGO EN INGLÉS ubicada no servizo municipal de educación, xustificante do envío postal.

É imprescindible que o formulario de Solicitude vaia asinado polo/a pai, nai ou titor/a legal, outros/as, o que poderá facerse manual ou dixitalmente.

O prazo de presentación de solicitudes será do luns 08 ao venres 19 de abril de 2024, ambos incluídos.

Aviso legal