CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BACHARELATO - 2016

Requisitos

Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, de centros educativos do Concello de Vigo que cumpran os requisitos que a continuación se sinalan:

  1. Estar a cursar 2º de Bacharelato nun centro educativo do Concello de Vigo durante o curso académico 2015/2016
  2. Ter aprobadas todas as materias de 1º de Bacharelato.
  3. Ter obtido como mínimo unha nota de 6 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 1º de Bacharelato.
  4. Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2016 , dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
  5. Non ter concedida, no ano 2016, outra axuda coa mesma finalidade.
  6. Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
  1. Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.
Aviso legal