WONDFORD 21/09/2017 – WE LOVE EXETER

Bos días familia!

Estamos xenial por estas terras. A verdade é que as familias trátannos de marabilla e, aínda que nos costa adaptarnos ós pack lunch que as host-families nos preparan, estamos a descubrir un horario diferente ó noso e a novos sabores e tradicións.

lunch

Pola mañá tocou madrugar, coller o bus e pór camiño á escola, onde cada día imos coñecendo novXs compañeirXs que nos ensinan un montón de cousas sobre o colexio.

Despois da escola fixemos a nosa primeira excursión a unha cidade grande coma é Exeter. Alí a nosa acompañante nativa orientounos pola cidade e contounos cousas moi interesantes sobre a cidade, coma por exemplo que J.K Rowling inspirouse nesta cidade para crear a novela de Harry Potter (link para máis información) https://www.buzzfeed.com/lukero/9-harry-potter-things-in-exeter-11typ?utm_term=.er8l07Ej1#.wc99b0jDx

exeter

Ademáis visitamos a catedral e o museo contemporáneo de Exeter, onde fixemos un pequeno xogo (QUIZ) para descubrir os misterios que alberga o museo.

whatsapp-image-2017-09-22-at-10-42-21

Para voltar, collemos o tren que nos trouxo de volta a Exmouth, onde finalizaríamos un soleado día para facer un pouco de vida social e ir a cear coas host-families.

Esperamos que nos botedes moito de menos e que sepades que estamos aprendendo moitísimo “inglis” e afinando o noso oído.

UN BICO FAMILIAS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *