WONDFORD 20/09/2017 – EMPEZA A AVENTURA…

Bos días familia!

Despois de dous días moi intensos, parece que comezamos a adaptarnos…

O primeiro día chegamos a Exmouth moi cansXs xa que a viaxe foi moi longa (sube avión, baixa avión, ensina pasaporte, guarda pasaporte, perdo pasaporte, atopo pasaporte, subo bus…) pero somos unhas rapazas e uns rapaces moi durXs polo que nada e ninguén conseguiron quitarnos o sorriso. Xa o vedes na foto 🙂

aerouerto

Da viaxe pouco máis temos que contar, non houbo incidentes pero si moitos nervios.

Xa aparcados en Exmouth centro, comezamos co reparto das host-families, a gran dúbida que nos xurdiu antes de ter o primeiro cara a cara foi…

Damos dous bicos ou a man para saudar?

A verdade foi un momento moi gracioso e bonito á vez, xa que todXs foron recibidos con moitísimo agarimo, incluso alguén olvidouse durante uns segundos de que tiña que levar maletas para casa…

Ó día seguinte, iniciamos outra nova aventura… IR O COLEXIO!!! TodXs “guapXs” co noso uniforme.colegioChegamos ó colexio tras un bo madrugón. Onde o director, xunto co xefe de estudios, introducíronnos no colexio onde pasaremos as seguintes tres semanas.

Xa pola tarde, tivemos a nosa primeira actividade. Coñecimos a cidade e nos presentaron ó alcalde e ao pregoeiro (Roger) http://www.exmouth.gov.uk/town-crier/

Alí fixemos entrega duns agasallos, e comezamos unha pequena ruta pola cidade para intentar orientarnos un pouco.

tour

Rematamos o día volvendo a nosa casa por primeira vez sós e soas, ceamos coas host-families e finalmente queda