Venres 9 de outubro. Laserquest e entrega de diplomas

Hola familias!

Non fai falta dicir que agora si que chega o final do “Pili 2015”. E se todo vai ben en menos de 48 horas estaremos xa de volta nas nosas casas. A moi pouco tempo de finalizar a nosa estancia no Reino Unido, as emocións están a flor de pel e xa empezaron a brotar algunhas bágoas de pena. A ver mañán como se despiden. Mentras tanto vós ide preparando os enseres culinarios para facer caldo, tortilla, cafes, e preparar a chegada dos vosos fillos que veñen con ganas de comida da casa.

Aínda asi, con pena por marchar e nostalxia porque “non vai a volver a ser o mesmo”, non podemos deixar de contarvos o que está a suceder aquí en Sheffield. Así que é de recibo explicarvos que este venres pasado a actividade que tocaba foi a “Laserquest“, quizais a máis esperada do programa.

O Laserquest consiste nun recinto escuro con luces fosforescentes nas que armados con pistolas láser, os rapaces deben de tentar planificar unha estratexia para eliminar ó contrario e ó mesmo tempo alcanzar o máximo de puntos posibles. Unha vez máis, o gañador absoluto das dúas partidas non foi outro que Guillermo, que está en racha e arrasa cos marcadores.

Equipo azul da Treasure Hunt

Guillermo, campeón outra vez!

Se de algo nos serviu a partida  aparte de para divertirnos,  foi para darnos conta de que iso de que “o importante é participar”, é certo, pero é moito máis divertido cando aparte de participar, formamos parte do equipo gañador. O de perder non vai con nós!!!!!

E logo despois de soltar adrenalina, os rapaces recibiron de parte da Winterhill School un pequeno “souvenir” composto por  un lapiz, un bolígrafo, unha regra e un chaveiro;  e por parte da organización local e as monitoras, uns diplomas de asistencia e de méritos clasificados por categorías. Así, mentras  que  Guille recibía os honores polo mellor xogador de bolos, Paula Martínez, Lucía, Aurel, Patricia e Elisa Bastos foron premiados co diploma ó mellor equipo da Treasure hunt. Tamén resultaron gañadores Yago  (que recibiu o mérito ó mellor “activities booklet” e Sara e Pablo escollidos polo resto do grupo coma os compañeiros máis sociables do grupo.

Entrega de diplomas

Yago co seu diploma ao mérito polo mellor cuaderno de actividades

Gañadores da Treasure Hunt

Os máis sociables

Gañadores da Treasure Hunt

E polo momento isto é todo. Mañán será a despedida. Iremos preparando os kleenex.

Ata pronto!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *