Godalming 10/10 – Partido de “dodgeball”

Aaaiii que sono esta mañá despois da disco! Xa vos dixen que aquí ir para casa ás dez ou ás once é como trasnoitar 😉

Nada, este grupo pode con todo e foron ás clases como é habitual, se ben na útlima hora aproveitamos para facer unha proba “final” de nivel de inglés e falar un pouquiño do que imos facer nestes últimos días.

Daí pasamos ás mans do incombustível Alex, que tiña unha sesión de dodgeball agardando por nós. Onte movimos o esquelete danzando, hoxe tamén o movimos doutra forma. Todo preparado! 😀

Que que é isto do dodgeball? Ben, o de ball é fácil (bola, pelota), e o de dodge algo así como esquivar ou evadir.

Aquí Jeven e Salvatore, os dous inseparábeis buddies, axúdannos explicando as regras, onde cada equipo ten que ir eliminando contrarios lanzándolles unha bola de espuma sen pasar dunha liña e facendo que impacte na parte baixa da perna. Primeiro o combinado de Jeven:

E aquí o de Salvatore, inglés de pai italiano (que ninguén se confunda co nome, que só lles fala en inglés 😀 ):

Pode parecernos un simple xogo de nenos (o que nós chamaríamos o “mata-mata” ou nalgúns sitios a “queimada”, porque se che dan te “queimas”), pero é todo un deporte moi popular nas súas diferentes variantes en Estados Unidos e noutros países, coas súas ligas e todo!

Aquí estamos en plena contenda:

Entre unha cousa e outra foinos pasando o tempo entre máis risas e brincadeiras, experimentando algo novo e divertido. O ambiente é xenial:

As partidas eran moi rápidas e despois de 5 ou 6 deunos tempo a xogar un pouco a volleyball e repartir unhas camisolas. A seguir voltamos a casa dando un agradábel paseo nunha tarde de tempo espectacular.

Agora toca descansar que mañán temos recepción oficial no concello de Godalming. Xa vos contaremos como vai. Chao! 🙂