Godalming 02/10 – Movémonos co badminton

Chegaron as nubes! Ameazaron o día todo pero nada. A ver se descargan á noite e que despois nos deixen uns días máis. Quen sabe, igual van para aí, que a fin de contas estamos no corredor atlántico tanto en Godalming como en Vigo e cáenos a mesma choiva 😉

A nós hoxe deunos igual o tempo porque no instituto estase quentiño (meten radiadores a tope e en todas partes) e de tarde tivemos unha actividade deportiva en pavillón: badminton!

Igual que o fútbol ou o rugby, o badminton é un deporte inventado polos ingleses, concretamente polo Duque de Beaufort-Badminton que, aparentemente, nunha noite de festa na India no S.XIX comezou a xogar a tenis cun corcho de champagne… ou iso di a lenda! 😀

En calquera caso, tentamos darlle a este deporte tan popular en moitos sitios de Europa e que causa auténtico furor en media Asia:

Sabíades que foi na nosa terra onde se xogou por primeira vez a badminton na península ibérica? Seica tivemos as primeiras partidas e clubes… Igual por iso demostramos tanto xeito e estilazo 😀

Evidentemente, quen isto escribe tamén sentiu o impulso de coller unha raqueta, que por algo adora o badmiton. Creo que os vosos fillos e fillas pasáronno estupendamente dándolle un repaso, haha! 😀

Máis un día, máis unha alegría! Marchamos para casa cansos pero, como sempre, entre risas. Mañán toca outra visita á cidade de Guildford, pois parece que queren comprarvos moitos agasallos… ou non serán todos para vós? Veremos! 😀