Godalming 08/10 – Obradoiro de arte

Que tal de fin de semana? Por aquí estupendamente. Entre a saída a Brighton do sábado e todos os plans de domingo con amigos, amigas e host families pasounos nun instante. Ademáis, o tempo volveu a mellorar e aínda que vai fresco e pairan algunhas nubes xa non chove desde o sábado á noite.

Así que nada, outra vez luns, outra vez na rotina escolar. O dito, os vosos fillos e fillas xa son como da casa e xa controlan o sitio 😉 Portanto, despois das clases de rigor da mañá estivemos con Suzie (coordinadora local) pola tarde para unha nova actividade.

Aquí andamos, tomando o control do comedor fora de horas para iniciar un obradoiro de arte. Suzie explicou como facer uns deseños imaxinativos dos nosos nomes:

 

A técnica e moi simple: usando simplemente tinta, xabón, unha pouca de auga e soprando por unha palliña, créanse burbullas que no contacto co papel darán a impresión de nubes ou esponxas:

E se ben ao principio parecía cundir un pouco o desasosego porque non se conseguían os resultados desexados ao aplicar a mistura húmida e enchoupar demasiado o papel…

…en canto foi secando a tinta e se fixo o perfilado das letras con marcadores quedaron uns pósters ben xeitosos e coloridos! Ao final a técnica de Suzie si que deu algúns resultados 😉

Deixamos a secar esas cartulinas no salón de actos e xa as recolleremos mañán, así que nada, xa as veredes cando cheguen a casa, que van faltando poucos días 😀