Viaxe a Orminston! 14/10/22 Are you ready?! – Presentación Lara y Alaska

Ola familias! Xa queda menos para irnos a Ormiston e agardo que esteades igual de emocionadas que nós. Antes de emprender esta aventura imos presentarnos un pouquiño:

 

O meu nome é Alaska, teño 27 anos e vou ser unha das vosas group leader nesta estancia en Ormiston!

Son graduada en Comunicación Audiovisual e actualmente resido nun pobo próximo á cidade de A Coruña. Son monitora dende os 18 anos (incluídos programas similares de estancias no estranxeiro en Liverpool e Kansas City) e gústame moito traballar con adolescentes, motivo polo cal tamén teño un Mestrado en Profesorado e estou a preparar as oposicións para profesora de Educación Secundaria.

Son unha apaixoada das linguas (falo español, galego, inglés, francés e un chisco de catalán e xaponés, que actualmente estou a estudar), da arte (eu mesma debuxo e fago gravados de linóleo), do cinema, da literatura, das viaxes, dos animais, da gastronomía e do deporte (practico escalada e equitación, cando me queda tempo!;))

 

Eu son Lara, teño 23 anos e vou ser outra das monitoras en Ormiston!

Son de Chapela, un “pobo” xusto o ladiño de Vigo (pero ollo! é Redondela!). Son graduada en Interpretación textual pola Escola de Arte Dramático de aquí de Vigo. Teño traballado con nenas dando clases de teatro, sendo monitora en campamentos urbanos e organizando eventos para dinamizar centros culturais. Sen embargo, as miñas idades favoritas son estas, a pre-adolescencia e adolescencia, desfruto moito con nenas destas idades (xa sexa porque as da miña familia rondan eses anos ou porque comprendo ben o que pasan).

Contando un pouco máis de mín, non é a primeira vez que viaxo a Londres, xa van varias e estou encantada de repetir! É obvio que encántame o teatro, tamén a música (canto e toco diferentes instrumentos), os animais, adoro ir de rutas polo monte e descubrir cousas novas, o baile… En xeral todo o que teña que ver coa arte e a natureza. Aínda que tamén teño o meu lado “friki” cos videoxogos (que o final faime conectar con moita xente de diferentes idades). Demasiadas cousas no pouco tempo que teño!

E unha vez contado todo isto sobre nós, xa queda menos para coñecernos todos e todas  e iniciar a nosa experiencia no Reino Unido, últimos preparativos e xa estamos voando!

Aquí adxuntamos algunhas fotos nosas para que nos coñezades mellor.

Alaska:

 

E Lara: