13 diciembre – Dende Exeter a Morwellham Quay

EXETER

Chegou o sábado e con el unha nova viaxe para seguirmos coñecendo Devon: Morwellham Quay, imos aló!

Morwellham Quay é un porto histórico que xurdiu para apoiar as minas de cobre locais durante a época Victoriana e que hoxe en día funciona como museo. Alí puidemos aprender moitas cousas sobre distintos temas:

A primeira hora visitamos o Museo do Traxe Victoriano e puidemos crear os nosos propios outfits do século XIX. Hai que dicir que estabamos ben guap@s!! Que estilaso 🙂

DSC_0059_opt

A continuación tocounos clase práctica: fixemos unha corda!! Este material foi imprescindíbel para o desenvolvemento da Inglaterra da época, xa que sen el os barcos non poderían atracar, navegar… Parecía máis sinxelo do que en realidade foi, pero o resultado non estivo nada mal!

DSCN1133_opt

Chegaba o momento máis tenso do día. @s nos@s moz@s víronse inmers@s nunha auténtica escola victoriana… Iso é disciplina e non a dos institutos do século XXI!! Escribiron, aprenderon modais, boas posturas corporais… e tamén castigos físicos!! Naquela época non se andaban con parvadas 🙂

DSCN1219_opt

Por último fixemos un percorrido en tren polas vellas minas. Que frío! Que humidade! Que angustia! Quedounos claro que este non era un traballo doado. Por sorte, non nos deron pico e pá!

DSCN1256_opt

Oooohhh, xa acabou o día! Puxemos rumbo a Exeter para descansar para outro domingo familiar.

Saúdos!