Godalming 11/10 – Recepción oficial no Concello

Hoxe puxémonos serios 😉 Tocaba unha recepción oficial no Borough Council de Waverley (onde está incluído Godalming e do que é capital), algo equivalente ao concello, aínda que aquí as divisións administrativas son diferentes.

Despois de coñecer á Mayor (alcaldesa) Denise Le Gal na súa oficina, onde nos ofereceu uns refrescos e unhas pastas, fumos directamente ao bonito salón de plenos onde “tomamos posesión” dos nosos asentos:

A alcaldesa explicounos un pouco como funciona a democracia local en Inglaterra e o papel e estrutura do Concello de Waverley en todo ese entramado. A continuación tivemos a oportunidade de facerlle preguntas, que ela foi respondendo con simpatía.

As preguntas foron desde as máis lixeiras ata as máis serias, como por exemplo cal era a súa opinión sobre o BrexitNon eludiu ningunha resposta! Mesmo se animou a facernos ela preguntas divertidas.

Finalizando o acto fixémoslle entrega do agasallo institucional do Concello de Vigo coa explicación pertinente, un xesto que non esperaba e que agradeceu moito:

E como non, unha foto final de grupo. Reparade no retrato de Isabel II… eu non o vira ata que revisei as fotos! 😀 O escudo central representa as catro grandes localidades de Waverley cruzado polo xa coñecido río Wey: Godalming (a capital), Farnham, Haslemere e Cranleigh, cun total duns 125.000 habitantes (as vilas son pequenas pero o conxunto non tanto!):

Mágoa de choiva ao sair, pero algún día máis tiña que chovernos. Aínda así, o grupo desfrutou o resto da tarde paseando por Godalming e moitos e moitas quedaron despois para cear na casa dun dos buddies, que ía cociñar para todos… que atrevido!

E mañán é o último día. Que pasará? Que sorpresas haberá? 🙂

 

Visita institucional en Exeter e despois… boleira!!

EXETER

Comezamos un novo día diferente a todos os que levamos vividos até o de agora: recibimos a visita de Newlink e do concello!

O director, Rick Jolley, recibiu á Olga, ao Pedro e ao Chema ás dez da mañá. Despois dunha explicación sobre o instituto e o sistema educativo inglés, catro estudantes galeg@s e @s buddies correspondentes uníronse ao grupo para contarlles a súa experiencia. Foi unha charla distendida na que quedou claro que…. @s vos@s fill@s queren quedar aquí e @s ingles@s queren que queden!! Están a facer moi boas migas e se cadra aparecen o día 17 con algún buddy na maleta!

Recepción co alumnado_opt

Despois desta reunión xuntámonos co resto do grupo para que tamén el@s puidesen compartir as súas vivencias. Chema, Pedro e mais Olga preguntáronlles sobre a escola, as familias, as actividades e a experiencia en xeral e tod@s querían dar a súa opinión.

Charlando co alumnado 3_opt

O encontro estaba a ser moi proveitoso, pero chegaba á súa fin: @s visitantes tiñan que poñer rumbo a Tiverton para coñecer a outr@s estudantes!

Foto de grupo cos membros do concello e de Newlink_opt

Volvemos á nosa rutina agardando pola ansiada actividade desta tarde… a boleiraaaa!!!! Puxemos os nosos zapatos molóns e repartímonos en grupos para ocupar as pistas.

Na boleira  3_opt

Comezaba o espectáculo!! Bóla vaiiii!!! Bóla véeen!! Bolos que caen e bolos que non queren caer!!

Alicia lanzando_opt

Para moit@s de nós era o noso primeiro contacto cos bolos… e non foi tan mal! Mesmo algúns conseguimos non quedar de últim@s J

Despois de dúas partidas e unha cea americana puidemos aproveitar o resto dos xogos que había na zona recreativa. Isto é un non parar!!

Até a próxima, familias!