Godalming 11/10 – Recepción oficial no Concello

Hoxe puxémonos serios 😉 Tocaba unha recepción oficial no Borough Council de Waverley (onde está incluído Godalming e do que é capital), algo equivalente ao concello, aínda que aquí as divisións administrativas son diferentes.

Despois de coñecer á Mayor (alcaldesa) Denise Le Gal na súa oficina, onde nos ofereceu uns refrescos e unhas pastas, fumos directamente ao bonito salón de plenos onde “tomamos posesión” dos nosos asentos:

A alcaldesa explicounos un pouco como funciona a democracia local en Inglaterra e o papel e estrutura do Concello de Waverley en todo ese entramado. A continuación tivemos a oportunidade de facerlle preguntas, que ela foi respondendo con simpatía.

As preguntas foron desde as máis lixeiras ata as máis serias, como por exemplo cal era a súa opinión sobre o BrexitNon eludiu ningunha resposta! Mesmo se animou a facernos ela preguntas divertidas.

Finalizando o acto fixémoslle entrega do agasallo institucional do Concello de Vigo coa explicación pertinente, un xesto que non esperaba e que agradeceu moito:

E como non, unha foto final de grupo. Reparade no retrato de Isabel II… eu non o vira ata que revisei as fotos! 😀 O escudo central representa as catro grandes localidades de Waverley cruzado polo xa coñecido río Wey: Godalming (a capital), Farnham, Haslemere e Cranleigh, cun total duns 125.000 habitantes (as vilas son pequenas pero o conxunto non tanto!):

Mágoa de choiva ao sair, pero algún día máis tiña que chovernos. Aínda así, o grupo desfrutou o resto da tarde paseando por Godalming e moitos e moitas quedaron despois para cear na casa dun dos buddies, que ía cociñar para todos… que atrevido!

E mañán é o último día. Que pasará? Que sorpresas haberá? 🙂