CHESTER-2/10/2019-GYMKANA II

Boas noites a todos e todas!

Tan só 6 días máis en Chester, xa familiarizados ca cidade e ca rutina inglesa, sentimentos de morriña e de ledicia nesta nova terra mestúranse de pensar no fin dunha experiencia tan incrible.

Tras un día normal na escola, quedamos cás nosas monitoras para realizar a segunda parte dunha gymkana, a través de diferentes probas tivemos que chegar a novos sitios da cidade e practicar as nosas habilidades artísticas! Dende un baile inglés no anfiteatro romano ata unha actuación con Celia e Martín Estévez no piano e o resto do grupo como coro, todo un espectáculo!

Aquí tedes algunhas fotos do día, mañá máis e mellor!

Unha aperta